A película «A Esmorga» adquire relevancia nos Estados Unidos

Fotografa película A Esmorga

A revista estadounidense ‘The Hollywood Reporter’, unha das dúas principais publicacións sobre cine e industria do entretemento nos EEUU, fíxose eco a través dun artigo da adaptación cinematográfica de ‘A Esmorga’, de Eduardo Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar.

A prestixiosa revista estadounidense cualifica o filme de «película política sobre a crise financeira en España» e destaca de forma particular o feito de que estea rodada en galego, un » feito illado» nesta industria.

Paralelamente, eloxia a interpretación do elenco –protagonizado por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris’–, a dirección de fotografía de Diego Romero e a banda sonora de Zeltia Montes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar