O Diario Oficial publica o plan de acceso ao novo hospital público de Vigo

Accesos ao novo Hospital Clínico de Vigo
CLICK PARA AGRANDAR O PLANO

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se declara de utilidade pública e polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de mellora da Avenida Clara Campoamor en Vigo.

Para execución das obras, tal e como están a ser proxectadas, será necesaria a expropiación de 2.931,4 m2 de terreo, distribuídos en 40 predios. O proxecto de trazado foi aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas, quen licitou as obras o pasado 29 de outubro.

Coa publicación deste decreto péchase o trámite para a disposición dos terreos necesarios para que a Xunta de Galicia execute mellora desta vía para a súa conexión co Hospital Público de Vigo, que se iniciará en 2015. Na actualidade, estanse a analizar as 19 ofertas recibidas, co fin de adxudicar a finais deste ano, principios de 2015.

O obxectivo da actuación é canalizar os fluxos de tráfico con destino e orixe no centro sanitario, e a mellora da avenida Clara Campoamor, co fin de que a incorporación a esta sexa axeitada. Para conseguilo, actuarase nun treito dunha lonxitude de 590 metros, no que se proxecta a ampliación da plataforma da avenida para incrementar a súa capacidade, a execución dunha nova glorieta para facilitar o acceso á entrada principal do hospital e un semienlace para a zona das urxencias deste centro hospitalario. O carril de uso exclusivo para urxencias cruza o río Barxa mediante un pequeno viaduto e desemboca na glorieta do hospital.

A actuación comeza na glorieta do enlace co segundo cinto de circunvalación de Vigo (VG-20), e prevese a construción dunha nova saída exclusiva para acceso ao hospital. Esta vía bifúrcase en dous carrís, un para acceso exclusivo de urxencias e o outro que continúa como ramal de servizo ata á entrada principal do Hospital. Así, a avenida neste treito engadirá aos actuais dous carrís por sentido, outros dous carrís de acceso ao centro.

BENEFICIOS PARA OS CIDADÁNS

Nesta zona permítese a saída dos vehículos do hospital á avenida. Así, a poboación dos concellos que pertencen á área sanitaria de Vigo veranse beneficiados.

Para complementar a obra, permitindo un cambio de sentido, executarase unha nova glorieta con dous carrís de 4 metros de largo, unha beiravía interior de 1,5 metros e exterior de 0,5 metros. Finalmente, executarase unha senda peonil para conectar esta glorieta norte coa que dará acceso ás urxencias do hospital.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar