Empresarios chinos en Pontevedra

Empresarios chinos

A delegación de empresarios chinos que, encabezada por Shaowu Huang, propietario do Sinomaster Group, visita Pontevedra está interesada na compra de terreos na provincia para adicalos a cultivares de camelia e producir aceite e outras aplicacións para cosmética da flor co fin de comercializar os novos produtos.

No curso dunha xuntanza co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, os empresarios chinos propuxeron a cooperación da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para a investigación así como o seu interés na compra directa de terreos ou, no seu defeuto, na búsqueda doutras fórmulas como convenios, consorcios, etc. con comunidades de montes, propietarios, etc.

Shaowu Huang ofreceu, pola súa banda, colaborar na apertura de mercados para comercializar outros produtos como o turismo, o viño albariño, a conserva, o marisco, etc.

Xa hai un distribuidor da conserva

O Grupo Sinomaster mostrou alto interés, na sede de Conservas Cambados, na distribución de conservas pois xa hai un intermediario chinés que comercializa este produto no mercado chino. Nas Bodegas Martín Códax, os directivos do grupo mostraron a súa intención de comprar grandes volumes de viño albariño para distribuilos nas súas cadeas de supermercados e nas súas cadeas de alimentación. De feito, a continuación da visita a Pontevedra, a delegación visitará, con este mesmo fin, bodegas das DO Riberas de Duero e Rioja.
Louzán _acompañado pola Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro_ sinalou que a Deputación e a Xunta prepararán unha misión comercial de empresarios galegos a China para concretar e estudiar qué tipo de produtos teñen oportunidade e viabilidade de ser comercializados no mercado chino e, particularmente, no territorio de asentamento do Grupo Sinomaster, o sur de China e a zona de Hong Kong.

Na recepción, a delegación china recibeu, de parte de Louzán e Nava Castro, cumpridas informacións sobre a provincia, Galicia e os asuntos obxecto do seu interés.

Asuntos como a producción de aceites e xabóns de camelia, a investigación en temas forestais e do sector primario, os usos turísticos en torno á flor _a Ruta da Camelia_, o Camiño de Santiago e os sectores produtivos da provincia _sobre todo os do viño, conserva, marisqueo, turismo, industria e agroalimentación_ foron obxecto de exhaustivo análise e exposición por parte de Louzán e Nava Castro.
200 empresas e cadeas de alimentación

O Grupo Sinomaster _cuio propietario, Shaowu Huang, figura na Lista Forbes como un dos homes máis ricos do mundo_ agrupa a 200 empresas dos sectores dos agronegocios, cadeas de alimentación, supermercados, turismo, telecomunicacións, tecnoloxía e sector inmobiliario, entre outros. No relativo ás camelias, o grupo é propietario de 3.000 hectáreas en China que adican á producción de aceite para consumo humano.

Na delegación que visita Pontevedra figuran tamén empresarios do grupo T&S Comunications _empresa líder no mercado chino de alta tecnoloxía e I+D_ e o grupo español Cofitel que mantén relación comercial con China nos sectores de cableado de redes de comunicación, tanto en cobre como en fibra óptica.

A visita dos empresarios chinos _que veu propiciada polo Congreso Mundial da Camelia celebrado en Pontevedra e orgaizado pola Sociedade Mundial da Camelia e a Deputación de Pontevedra_ inclueu a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, a Deputación de Pontevedra _onde tivo lugar unha xuntanza con técnicos, Louzán e Nava Castro e unha rolda de prensa_, o Mosteiro de Armenteira _onde comprobaron a producción de xabóns de camelia_ e as empresas do Salnés Conservas Cambados e Bodegas Martín Códax, así como a Praza de Fefiñáns en Cambados.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar