A mostra do xoguete clásico español chega a Pontevedra

Expo xoguete_Museo Pontevedra_1

A exposición permitirá ao visitante facer un percorrido por unha parte da historia contemporánea de España a través dos seus xogos e xoguetes
O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra converterase a partir de hoxe, venres, no gran escaparate do xoguete español, desde 1880 ata os nosos días. Farao coa mostra O Xoguete español. Un século de historia, no que se poderán ver os máis significativos xogos e xoguetes utilizados en España desde o século XIX.Expo xoguete_Museo Pontevedra_3
Nela, o visitante non só poderá coñecer á evolución dos elementos de entretemento dos nenos e nenas ao longo do tempo, senón que tamén permitirá un achegamento a unha parte da historia contemporánea de España, dado que o mundo do xogo está estreitamente vinculado aos cambios sociais, económicos, técnicos, culturais e incluso políticos das diferentes fases históricas.
Así, os coches de xoguete adoitan reproducir modelos reais de cada época; os dioramas representan os principais recintos sociais, construcións, establecementos do momento; do mesmo xeito que os bonecos e bonecas transmiten modelos de comportamento, vestimenta ou oficios.

COLECCIÓN QUIROGA-MONTES

A nova mostra segue a estela da inaugurada o 11 de abril deste ano para conmemorar os 130 anos da chegada do ferrocarril a Pontevedra que, baixo o Historia do tren de xoguete español, achegou aos pontevedreses e visitantes os máis diversos xoguetes vinculadas ao mundo ferroviario desde 1880 a 1980.
Ao igual que esta mostra, a que agora se inaugura procede tamén da colección privada Quiroga-Monte, recoñecida como unha das máis amplas e de mellor calidade de cantas existen en España.
Conta con máis de 1.500 pezas, das cales unha moi boa representación se poderá contemplar no Edificio Sarmiento.

Expo xoguete_Museo Pontevedra_2

Así, a mostra incluirá vehículos de xoguete que reproducen os modelos de cada época, (coches e camións, trens, barcos, avións, dirixibles, hidroavións, helicópteros, vehículos espaciais), cociñas que reproducían con fidelidade os prototipos dos fogares españois do momento; bonecas e bonecos cos que se poden coñecer os vestidos infantís máis característicos, dioramas e xogos de mesa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar