Vueling abre tres novas rutas aéreas desde Santiago: Berlín, Munich e Düsseldorf

  Vueling Airbus A_320

Vueling presentou este xoves en Santiago de Compostela tres novas rutas internacionais con destino Alemaña, en concreto a Berlín, Múnic e Düsseldorf.

Segundo informou a compañía, todas elas comezarán a operar a partir do próximo verán 2015 cun avión Airbus A320, con capacidade para 180 pasaxeiros.

Esta nova conexión entre Santiago e as tres cidades xermanas permitirá, ademais, segundo destaca a empresa, «potenciar unha alternativa ao tradicional turismo de sol e praia, grazas ao conxunto monumental, o ámbito rural e a gastronomía tradicional da capital galega».

Así pois, Santiago de Compostela conectará na próxima tempada estival con oito cidades internacionais, sendo unha delas Roma-Fiumicino, o segundo hub da compañía, ademais de Ámsterdam, Berlín, Bruxelas, Düsseldorf, Múnic, París e Zúrich.

En concreto, a conexión con Berlín contará cunha frecuencia semanal (domingo) entre xuño e outubro; a de Múnic voará luns e xoves entre xuño e outubro e os voos a Düsseldorf terán dúas frecuencias semanais (mércores e sábado) entre xuño e outubro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar