O litoral galego está hoxe en alerta amarela con ondas de cinco metros

Mapa tempo_ondas fortes en todo o litoral

   O litoral galego está hoxe en alerta amarela por mar de fondo do noroeste que deixará ondas de entre catro e cinco metros de altura.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, recollido por Europa Press, a profunda borrasca localizada no Atlántico continuará enviando ondas que durante este venres poderán superar os catro metros en todo o litoral.

Ademais, indica que a aproximación dunha fronte polo Norte incrementará os ventos no e deixará chuvias localmente fortes nas provincias atlánticas.

Así, o aviso será amarelo para as provincias da Coruña e Pontevedra a partir das 21,00 horas por chuvias superiores a 15 litros por metro cadrado nunha hora.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar