Unha muller e una nena, intoxicadas por gas en Lalín

Unha muller e unha menor foron trasladadas este xoves a un centro hospitalario debido a unha intoxicación por inhalación de gas nun domicilio no termo municipal de Lalín.

Segundo informou o 112, ata o momento descoñécense as causas e a orixe do suposto escape, xa que cando chegaron os bombeiros ao domicilio, na parroquia de Anzo, no municipio de Lalín, a vivenda estaba ventilada.

A menor alertou ao CAE 112 Galicia de que a muller estaba desmaiada ás 2,40 horas deste xoves, polo que se informou a Urxencias Sanitarias, Guardia Civil de Pontevedra, GES de Lalín e Bombeiros do Deza.

Ao lugar, o 061 desprazou un médico e unha ambulancia que levou á muller, duns 54 anos de idade, e á menor ao Hospital Clínico de Santiago.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar