«Casamos» presenta esta noite na TVG a historia dun primeiro amor que rexorde 40 anos despois

Herminia_Xosé_Casamos_TVG

 

Unha semana máis, o programa “Casamos!”, que ofrece un retrato coral sobre o universo das vodas en Galicia, achegará as historias de amor máis románticas, divertidas e entrañables, convertendo así as casas dos galegos en auténticos salóns nupciais.

Os protagonistas desta noite, Herminia e José, foron mozos aos 17 anos. Foi un primeiro amor inesquecible, pero a distancia interpúxose entre eles. Un en Barcelona e outro en Cedeira, continuaron as súas vidas por separado.

Pero a vida deulles unha segunda oportunidade e o destino volveu xuntar os seus camiños 40 anos despois. Agora, por fin, poderán celebrar o seu enlace por partida dobre, cunha voda inesquecible e nada convencional.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar