Hoxe, concerto benéfico de Pablo Carbonell en Santiago

Pablo Carbonell_Ribeiro DO_VCAL
A Denominación de Orixe Ribeiro  organiza un concerto enoacústico de Pablo Carbonell a prol da cociña económica de Santiago, que se celebrará hoxe, na Capela Real do Parador Hostal dos Reis Católicos da capital galega.

A cita comezará ás 21:30 horas e xa ten as súas entradas donativo á venda, a un prezo de 12 euros, na Reixa Tenda (Rúa de Mazarelos, 9).

O concerto está organizado pola D.O. Ribeiro e conta co patrocinio de Banco Sabadell Gallego e a colaboración de Paradores e Trevisani.

Todos os beneficios do concerto serán destinados á cociña económica de Santiago.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar