A Xunta participa no aniversario

Rueda actos Constitucion

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da delegada da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, participou nos actos conmemorativos do XXXVI aniversario da Constitución Española, onde destacou a importancia da Carta Magna coma norma fundamental do Estado que todos temos que acatar.

Rueda actos Constitucion2Alfonso Rueda agradeceu a invitación do Delegado do Goberno coma xesto que simboliza entendemento, a cooperación e a lealdade que debe rexer nas relacións entre Administracións, e que xorde precisamente da Constitución Española, e que amosa que está a funcionar o modelo territorial que instaurou a Constitución de 1978 e que ten permitido vivir en concordia durante estes 36 anos.

Un modelo territorial consolidado que nos ten permitido vivir en concordia durante os últimos 36 anos e que ten permitido avanzar tanto ao Estado central como ás distintas autonomías, o que se traduciu en beneficios para todos os cidadáns, coma auténticos destinatarios da Constitución.

Así, destacou que a Carta Magna conseguiu ser o piar da España que hoxe coñecemos, os alicerces sobre os que se construíu un Estado das Autonomías do que podemos sentirnos orgullosos, e a súa perdurabilidade como marco de convivencia, nace dos elementos dos que xurdiu, a cooperación, o entendemento, a suma de vontades, o consenso e o pacto.

Finalmente, incidiu que este que é o momento de aproveitar esta conmemoración dos 36 anos da nosa Carta Magna para reivindicar a súa vixencia e sobre todo a dos valores que nela estaban implícitos: como a cooperación e o diálogo, xa que son os únicos que poden garantir o éxito dunha hipotética reforma da nosa Constitución.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar