Total disposición da Xunta para a eliminación da violencia nos estadios

Feijóo_Santiago Villanueva_primeiro encontro co Delegado do Goberno_01122014
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe a total disposición da Xunta de Galicia para que os violentos desaparezan dos estadios de fútbol. “A Xunta está a disposición da Delegación do Goberno, a disposición do Goberno central e a disposición dos clubs. Non podemos aceptar este tipo de comportamentos, nin este tipo de actuacións”, aseverou.

 

Logo da primeira reunión institucional mantida, esta mañá, co novo delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, Feijóo trasladou, unha vez máis, a tristura e a consternación do pobo de Galicia pola morte dun afeccionado, como consecuencia de enfrontamentos de grupos violentos no partido que se celebrou na capital de España, entre o Atlético de Madrid e o Real Club Deportivo da Coruña.

“A condena deste tipo de actos é unánime”, aseverou, ao que engadiu que “o pobo de Galicia non está disposto a seguir vendo este tipo de actuacións que nada teñen que ver nin coa nosa forma de entender o deporte nin coas relacións normais entre os cidadáns españois de distintas comunidades”.

O presidente da Xunta condenou enerxicamente este tipo de violencia “que non ten nada que ver co deporte”, incidiu; e gabou, pola contra, ás afeccións nobres do fútbol e do deporte, “que son a inmensa maioría das afeccións que acoden aos estadios para ver bo fútbol e para ver un encontro de deporte”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar