O cantautor Daniel Cros participará nos “Domingos Musicais do Sexto”, no Museo de Pontevedra

Daniel Cros_domingos no Sexto edificio do Museo de Pontevedera_Deputación

                         www.museo.depo.es

O vindeiro domingo 7 de decembro ás 19:30h, o Sexto Edificio acollerá o concerto do cantautor Daniel Cros, dentro do ciclo Domingos Musicais no Sexto.

Trala súa recente actuación no Taewha River Jazz Festival en Ulsan (Corea do Sur) seguida dunha xira de oito concertos por Arxentina e Chile, o cantautor, e ademais pianista, arranxista e produtor barcelonés, visita Galicia invitado pola Asociación Venres de Cantautor e polo cantautor brasileiro Gustavo Almeida para ofrecer un total de catro concertos na Coruña, Sada e Pontevedra.

Fillo de artistas -nai pintora e pai fotógrafo- comeza a súa carreira musical en 1982 como cantante e guitarrista da banda de pop-rock Brighton’ 64 coa que actúa en diferentes salas de Barcelona (Magic, Kharma, Boira), de Madrid (Rock-Onda) e no programa Musical Express de TVE-2 dirixido por Ángel Casas. En 1987 crea xunto a Pablo Jiménez (baixo e voz) o dúo El Instante co que edita o seu primeiro álbum, Del susurro al grito (Justine, 1988).

En 1995 grava o seu primeiro disco en solitario, Ángel venido a mi ventana, que edita co seu propio selo, Rosazul Discos, produtora e estudio de gravación que crea no 2004 no Poblenou de Barcelona, onde gravaron artistas como Orishas, Omar Sosa, Ibrahim Ferrer, Omara Portuondo, Paco Ibáñez, María del Mar Bonet, Kepa Junkera ou Sidonie, entre outros.

Cros presentará no Museo en formato acústico (voz, guitarra e piano) o seu último traballo titulado Aquello era entonces, esto es ahora que presentou xa noutros puntos de España, México, Colombia e Perú. Nos seus últimos concertos por Latinoamérica empezou a adiantar algunhas das cancións que formarán parte do seu novo traballo de estudio.

A prensa dixo del: “Hai poucas voces orixinais no panorama da música española e Daniel Cros posúe unha delas” (Carlos Pulido, Mi Mundo es Cultura) como orixinal é o mundo propio que sabe crear, no que as letras destilan sentido do humor, sensibilidade e enxeño mesturándose con ritmos latinoamericanos e toques de jazz.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar