O Centro Galego de Barcelona acolle a exposición sobre os autores homenaxeados no Día das Letras

La presidenta del Parlamento, Pilar Rojo, con la titular de la cámara catalana, Nuria de Gispert.
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, coa titular da cámara catalana, Nuria de Gispert.
 A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, inaugurou esta tarde no Centro Galego de Barcelona a mostra “51 páxinas das nosas letras”, organizada pola Cámara autonómica coa colaboración da Real Academia Galega e a Xunta para divulgar a traxectoria dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas, desde a instauración desta celebración, no ano 1963.O acto contou tamén coa intervención do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, Xesús Vázquez Abad; do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; e do presidente do Centro Galego, Manoel Carrete. Tamén asistiron o vicepresidente da Cámara galega, Miguel Santalices, e maila presidenta do Parlamento de Cataluña, Núria de Gispert.Na súa intervención, Pilar Rojo subliñou que o traslado da exposición a Barcelona responde a unha invitación cursada polo presidente do Centro Galego, institución que acumula 122 anos de vida (foi fundado en 1892) e que na actualidade está dirixido por un galego de segunda xeración.Este feito foi destacado por Pilar Rojo, convencida de que “corresponde ás segundas e terceiras xeracións manter a galeguidade en lugares como este Centro Galego de Barcelona, de glorioso e rico pasado, alumeado por homes e mulleres que traballaron desinteresadamente, sen máis aliciente que a satisfacción de cultivar os vencellos de unión entre os galegos, pero tamén o de engrandecer a cultura galega”. E citou como exemplo a “valiosa” biblioteca do Centro Galego de Barcelona, á que hoxe se lle entregaron tamén diferentes publicacións editadas polo Parlamento de Galicia.Destacou tamén Rojo Noguera as achegas da comunidade galega asentada en Barcelona (64.000 galegos nesta cidade, 75.000 en Cataluña, segundo datos do INE) que, “desde os seus quefaceres particulares contribuíron e contribúen a facer de Galicia o que hoxe é: unha comunidade aberta e plenamente integrada no contexto español e europeo”.

CONSELLEIRO DE CULTURA

Durante a súa intervención, o conselleiro de Cultura e Educación destacou que “esta exposición, cada visitante galego se recoñecerá nalgunha destas páxinas que recollen a historia de cada 17 de maio, como o día máis grande das nosas letras”.

Vázquez Abad engadiu que “nesta exposición tentamos ofrecer unha panorámica do labor realizado por personalidades que reflectiron na súa obra cun proceso de creación a través do noso idioma”. Salientou o responsable do departamento cultural da Xunta que “estes perfís constitúen unha aportación ao redescubrimento de figuras literarias que traballaron coa ferramenta da nosa lingua e baixo a unanimidade do compromiso coa cultura do noso país”.

O conselleiro gabou ao Centro Galego de Barcelona “polo seu compromiso decidido por manter a identidade galega e proxectala na sociedade catalana”.

A EXPOSICIÓN

A exposición está integrada polas Medallas das Letras Galegas, pertencentes á colección de arte do Parlamento, e que son obra do debuxante, pintor e caricaturista Siro López, e do escultor Manuel Ferreiro Badía; reproducen a faciana dos homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Complétase a mostra con paneis que dan conta das biografías e as principais obras dos autores. Estes textos foron elaborados por académicos da RAG.

A exposición incorpora, ademais, un vídeo –elaborado pola Xunta- sobre a historia da celebración do Día das Letras Galegas. Inclúe o relato, en primeira persoa, de Don Francisco Fernández del Riego, impulsor da celebración do Día das Letras Galegas, o que lle da un valor especial ao documental, en opinión de Pilar Rojo.

A presidenta do Parlamento agradeceu a colaboración que o Parlamento atopou na Real Academia Galega e na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para poder materializar este proxecto expositivo, que considerou un exemplo de colaboración.

Medalla de Ouro do Centro Galego ao investigador López-Collazo

Previamente, Pilar Rojo participou no acto de entrega da Medalla de Ouro do Centro Galego de Barcelona ao Dr. Eduardo López-Collazo, director científico do Instituto de Investigación Sanitaria do Hospital La Paz, un investigador de prestixio internacional nos ámbitos da oncoloxía e a inmunoloxía. Nado en Cuba e neto de galegos, os Dr. López-Collazo é, en opinión de Pilar Rojo, “un magnífico exponente da Galicia universal”, “os integrantes da cal constitúen a maior e mellor embaixada que Galicia puidera soñar xamais”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar