O PP de Ourense presenta aos seus candidatos para as municipais da zona de Trives

Candidatos PP Ourense Trives_2

Os salóns do Hostal La Viúda, en A Pobra de Trives, acolleu esta mañá a presentación de candidatos do PPOU ás Eleccións Municipais correspondentes á Xunta Local de zona da Pobra de Trives.

A benvida correu a cargo do secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, quen lembrou que a de hoxe é a cuarta presentación de candidatos (durante este mes xa foron presentados os cabezas de lista das comarcas do Carballiño, O Ribeiro e A Limia). Tamén interveu o membro do Comité Executivo do PPdeG, Jesús Vázquez Abad. Pechou o acto o presidente provincial, Manuel Baltar, quen lembrou que “a 210 días das Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015, somos a única forza política que ten actividade constante e con equipos perfectamente preparados para asumir as riendas dos 92 municipios da provincia.”

 

Candidatos PP Ourense Trives_1

Neste acto de presentación tamén se fixo unha sentida lembranza a Isauro Pérez González, portavoz do grupo municipal e presidente local do PP en Trives, falecido o pasado 1 de setembro.

Os candidatos presentados son os seguintes:

-O Bolo: Manuel Corzo Macías (73 anos). Licenciado en Medicina e empresario, actualmente está xubilado. É alcalde do municipio dende 1999.

-Castro Caldelas: Manuel Lage Blanco (60 anos). Prexubilado de banca, é voceiro municipal do PP neste municipio dende 2011.

-Chandrexa de Queixa: Francisco Rodríguez Rodríguez (67 anos). Xubilado, é alcalde do municipio dende 2011 e deputado provincial dende 1991. Recientemente foi elixido presidente local do PP.

-Larouco: Joaquín Bautista Prieto Rodríguez (46 anos). Funcionario de profesión, é concelleiro dende 1995 e alcalde dende 1998.

-Manzaneda: Salvador Fernández Cardoso (49 anos). Arquitecto técnico, é técnico superior en Prevención de Riscos Laborais e perito xudicial. É a súa primeira incursión en política.

-Montederramo: Antonio Rodríguez Álvarez (61 anos). Axente forestal de profesión, é concelleiro dende 1979 e alcalde dende 1987.

-A Pobra de Trives: Jesús Prieto Pérez (39 anos). Enxeñeiro técnico agrícola e enxeñeiro agrónomo, exerce de enxeñeiro agrónomo en adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. É a súa primeira incursión en política.

-San Xoán de Río: Gerardo Rodríguez Domínguez (56 anos). Licenciado en Medicina e médico de profesión, é concelleiro dende 1991 e alcalde dende 2011.

-A Teixeira: Miguel Antonio Cid Álvarez (63 anos). Licenciado en Medicina e médico de profesión, é teniente de alcalde dende 1987 e alcalde dende 1991.

-Viana do Bolo: Andrés Montesinos Rodríguez (53 anos). Empregado de banca, foi concelleiro en A Mezquita entre 1991 e 1995 e é concelleiro en Viana do Bolo dende 1999. É alcalde dende 2003.

-Vilariño de Conso: Ventura Sierra Vázquez (72 anos). Xubilado. Foi alcalde entre 1979 e 1995, concelleiro entre 1995 e 1996 e novamente alcalde dende 1996.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar