Louzán lembra, tras comparecer na Fiscalía, que as obras de Pasarón foron aprobadas por unanimidade

Louzán_rolda tras Fiscalía sobre Pasarón

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, explicou en rolda de prensa que ao fío da denuncia do secretario local do PSOE de Pontevedra, o Ministerio Fiscal citou hoxe aos membros que compoñían a xunta de goberno da Deputación no momento en que se levaron a cabo as obras do Estadio de Pasarón.
O chamamento enmárcase no procedemento normal que debe seguir o Ministerio Fiscal ante calquer denuncia que reciba, antes de adoptar o acordo que proceda sobre o procedimento que se denunciou: ou arquivo da denuncia ou seguimento da mesma.
Louzán explicou que en todo o expediente administrativo do Estadio de Pasarón constan todos os informes preceptivos e todos eles son conformes á lexislación , dixo.
Na súa comparecencia ante os medios, afirmou que todos os acordos de adxudicación e de reformados do proxecto orixinal de Pasarón foron acordados por unanimidade dos membros da corporación provincial da Deputación de Pontevedra e dos membros da corporación municipal do Concello de Pontevedra, as dúas formadas polos grupos do PP, BNG e PSOE, partido este último ao que pertence o denunciante, Tino Fernández.

Louzán explicou que o convenio que deu a luz ao Estadio de Pasarón arrancou en maio do no ano 2003 e comprendía a execución de dúas actuacións: a construcción do Estadio de Pasarón e a construcción do complexo deportivo de A Parda, en Pontevedra. A primeira rematada, e a segunda, sin iniciar según ilustrou o presidente da Deputación con dúas fotos do estado actual de Pasarón e do complexo de A Parda , afirmou.
Un informe non vinculante que chegou 5 meses despois
A preguntas dos xornalistas, Louzán aclarou que no seu día o Consello Consultivo _ainda sin haber reparo suspensivo algún por parte dos técnicos_ emiteu un informe non vinculante
Preguntado polo sobrecoste de Pasarón, o titular da institución provincial explicou que o coste final do estadio foi similar ou incluso bastante menor doutros estadios construidos en España e Europa na mesma época.
San Mamés, un coste por m2 14 veces superior
Neste sentido, fixo unha comparativa entre o coste de Pasarón e do estadio de San Mamés (Bilbao) , afirmou.
<Así que o coste por metro cadrado construido en San Mamés foi 14 veces maior que o estadio de Pasarón; e o coste por localidade de San Mamés foi 3 veces maior que o de Pasarón>, conclueu non sin antes lembrar que o coste final de San Mamés foi de 240 millóns € (cun incremento de 70 millóns sobre o proxecto inicial), frente aos 17 millóns que tivo Pasarón de coste final.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar