Facenda reclámalle ao concello de Ourense 96 mil euros pola urbanización da rúa do alcalde

Rúa vivenda_casa alcalde Ourense

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular do Concello de Ourense, Rosendo Fernández, compareceu hoxe en rolda de prensa para dar conta das últimas novidades coñecidas a respecto do expediente da urbanización da rúa Clara Corral Aller, onde ten a súa vivenda o alcalde de Ourense. Rosendo Fernández lembrou que o pasado 25 de setembro “este que lles fala, comparecera en rolda de prensa para pedir a dimisión inmediata do alcalde por ocultar deliberadamente dous requerimentos do Ministerio de Hacienda para a devolución dos fondos públiucos que sufragaron a urbanización da súa vivenda. Daquela, tíñamos no noso poder, e así llo amosamos, un daqueles requerimentos ministeriais: No ano 2012, por parte da Inspección de Intervención Territorial dos Fondos do Plan E, se lle requeriu ao Concello a devolución de 27.022,44 € correspondentes a melloras que pretendían incluir na subvención pero que xa estaban contempladas ditas melloras no proxecto inicial”.
Proseguiu Rosendo Fernández relatando que o motivo da súa comparecencia de hoxe é “para dar conta daquel segundo requerimento, oculto no Concello dende o 12 de agosto, e que contou con tódalas trabas habidas e por haber no referido ao seu acceso pola nosa parte. Máis de unha semana nos tiveron, paseando por ata sete dependencias municipais diferentes, para ter acceso a este documento. E non nos diron acceso ata que este portavoz que lles fala lle diu un ultimatum ao grupo de goberno: ou nos daban acceso a esta información, ou eu mesmo me presentaría coa Policía Local para reclamar este dereito de acceso á información que temos como concelleiros.
Pois ben, unha vez visto ese misterioso documento, aos populares non lles extrañan as ansias por ocultalo a toda costa, que literalmente di:

“La Intervención General de la Administración del Estado, a través de la Intervención Territorial de Ourense, en el ejercicio de sus competencias, realizó un control de la financiación otorgada, y emitió informe de reintegro por importe de 27.022,49 euros, correspondiente a determinadas mejoras que no figuraban en el proyecto inicialmente subvencionado. En consecuencia, esta Dirección General inició el correspondiente procedimiento de reintegro, dictando resolución de reintegro, de fecha 6 de junio de 2012, por el importe de 27.022,49 euros.
Al margen del reintegro señalado, se ha tenido conocimiento, por escrito de la Intervención Territorial de Ourense, de una posible cofinanciación del proyecto mediante aportaciones vecinales garantizadas por avales y/o fianzas, por lo que esta Dirección General solicitó a ese Ayuntamiento, en la fecha de 12/5/2014, la remisión de la oportuna información, de conformidad con los artículo 2 y 10 del Real Decreto-Ley 9/2008, de 28 de noviembre, por el que se crea el Fondo Estatal de Inversión Local.
Con fecha 11 de julio de 2014 ha tenido entrada en esta Dirección General escrito de la Sra. Concejala-Delegada del área de urbanismo de ese Ayuntamiento, indicando que los avales de los que tiene conomiento, presentados por los particulares en la construcción de viviendas unifamiliares en la calle Clara Corral aller, para responder de las obras de urbanización de dicha calle, son los relativos a los expedientes 354/89 de Agustín Fernández Gallego (25.452,86 € inicialmente depositados, con costes a asumir según informes del Ayuntamiento de 27.966,49€), así como los 434/96 (13.477,72€ depositados inicialmente, con costes a asumir según informes del Ayuntamiento de 19.168,26€) y 213/88 (16.527,83 € depositados inicialmente, con costes a asumir según informes del Ayuntamiento de 19.378,27€), de otros dos vecinos, y remitiendo la documentación de los expedientes.
Según la documentación remitida por esa Entidad Local, se pone de manifiesto la existencia de cofinanciación en el proyecto nº 29479 denominado “Mejoras de Aceras, Calzada y Servicios en la calle Clara Corral Aller de Ourense”, por importe de 66.513,02 euros, lo que supone la disminución del coste financiable con cargo al FEIL.
Teniendo en cuenta lo anteriormente expuesto, es criterio de esta Dirección General la procedencia de reintegro por importe de 66.513,02 euros
(…) De conformidad con lo manifestado, esta Dirección General inicia, mediante el presente oficio, el procedimiento de reintegro por un importe de 66.513,02 euros más los intereses de demora correspondientes; resultando estos del 5% del importe librado”.

Rosendo FErnández_rolda_grupo municipal

O42% DO CUSTE DA OBRA

Rosendo Fernández interpreta que con este informe, o Ministerio de Hacienda, a través da Dirección General de Coordinación de Competencias con las Comunidades Autónomas y las Entidades locales, “requírelle ao Concello de Ourense un novo reintegro-devolución de fondos, esta vez por 66.513,02 euros por considerar que houbo “cofinanciación” no proxecto. E a este requerimento hai que sumarlle os 30.150,44 euros (xa incluidos os intereses) que xa lle reclamara o 6 de xuño deste ano. En total son 96.663,46 euros (intereses incluidos) os que lle reclama o Ministerio de Hacienda ao Concello de Ourense, a tódolos ourensáns, pola urbanización da rúa onde ten a súa casa o alcalde”.

Con esta devolución, o Concello estaría reintegrando o 42% do importe total da obra. O Concello cobrara 227.873,56€ con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL).
“¿E saben o que fai o Goberno Pufero desta cidade? Pois cómo non: presentar todas as alegacións posibles para evitar que o alcalde pague o que debe. Así de claro e así de triste. Mentres noutros asuntos se deixan caducar expedientes e se pagan costas por 24.875€, como foi o caso de Acciona; mentres se perden subvencións millonarias para mellorar infraestruturas e servizos no Concello, neste asunto se poñen tódolos mecanismos ao alcance do Concello -con alegacións asinadas por Marga Martín) para evitar pagar o que se debe. ¿Pasaría o mesmo se na rúa Clara Corral Aller non vivise o señor alcalde? Rotundamente non”, di Rosendo Fernández.
“Lémbrolles que o 15 de maio forzamos un pleno extraordinario para que dise explicacións o alcalde implicado. E que dimitise por decencia. A aquel pleno, por certo, non acudiron 3 membros da Corporación. Seica non lles parecía relevante o que hoxe en día supón a devolución de 96.663,46 euros. Eses tres membros que, precisamente, puxeron a don Agustín no sillón do Alcalde e logo fuxiron despavoridos. Eses tres membros que hoxe representan ao BNG. E tamén lles lembro que se non é por este grupo municipal, esta falcatruada sen límites non sairía á luz pública. Somos o único grupo que vela polos intereses xerais do Concello, denunciando este tipo de irregularidades e aplicando o sentido da responsabilidade á hora de propiciar que, por exemplo, os proveedores do Concello poidan cobrar polo seu traballo, sen ir máis lonxe”, di o portavoz dos populares.
E, por último, Rosendo Fernández anunciou que este novo requerimento do Ministerio de Hacienda “o incorporaremos de inmediato á denuncia que presentamos o pasado 20 de marzo. As nosas sospeitas nos levan a pensar en tres presuntos delitos: prevaricación, malversación e falsedade documental”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar