O embaixador do Xapón visita o Parlamento de Galicia

Embaixador do Xapón_Parlamento_Pilar Rojo

O embaixador de Xapón en España, Kazuhiko Koshidawa, visitou hoxe o Parlamento de Galicia, onde foi recibido pola titular da institución, Pilar Rojo.

Durante o encontro, o diplomático nipón informou á presidenta do Parlamento de Galicia sobre o desenvolvemento do Ano Dual España-Xapón, orientado a intensificar as relacións bilaterais, que conmemora os 400 anos de intercambios entre os dous países; e sobre as relación económicas.

Pilar Rojo explicou ao diplomático nipón que a Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE) mantén relacións coa Alianza de Conselleiros Locais Xaponeses. De feito, esta organización nipona está convidada a participar na vindeira Asemblea Xeral da CALRE, que se celebrará no Parlamento de Galicia os días 7 e 8 de novembro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar