Encontro de Xuventude en Berlín para desenvolver iniciativas de mobilidade

 

O director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, asiste hoxe en Berlín a unha reunión de traballo no Ministerio federal de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña para abordar a necesidade de desenvolver iniciativas coordinadas de mobilidade transnacional ovidio-rodeiroxuvenil.

Unha rede de entidades xestoras do Fondo Social Europeo de 10 países (Alemaña, República Checa, Holanda, Irlanda, Italia, Francia, Polonia, Portugal, España e Suecia) formularon á Comisión Europea a implementación dun programa para financiar mobilidades xuvenís a outros países.

Son obxectivos desta convocatoria, entre outros, incrementar os coñecementos, habilidades e competencias dos mozos participantes a través de experiencias no estranxeiro en materia de educación, prácticas profesionais e emprego.

Está previsto que a Comisión Europea realice unha convocatoria coordinada e posteriormente cada Estado membro debe proceder a facer a súa convocatoria a nivel nacional ou rexional. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está moi interesada en participar nesta convocatoria, dado que un dos eixes fundamentais de actuación deste departamento é a mobilidade xuvenil, con ampla experiencia en proxectos e incluso implementando con fondos propios un programa para a realización de estancias formativas no estranxeiro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar