«Santiago (e) Tapas» chega á sua séptima edición a partir do venres

Santiago e Tapas_2014
O Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas da capital de Galicia, celebrará a súa sétima edición entre o venres 14 e o domingo 30 de novembro de 2014; e os hostaleiros de Compostela xa poden apuntarse a esta cita.

Cada local poderá presentar ata 3 creacións, que terán un prezo común de 2 euros. O prazo de inscrición remata o 26 de outubro e, para apuntarse, os establecementos deben dirixirse á secretaría técnica do concurso.

Un equipo de preselección será o encargado de asegurar a calidade e máis a adecuación aos criterios do concurso das distintas tapas nunha frase previa que procura a excelencia no certame.

Dende o 14 ao 30 de novembro os clientes poderán decidir que tapas son as súas favoritas votando nas urnas situadas nos distintos establecementos participantes e aspirar a distintos premios selando o seu tapasporte, a pequena e carismática «biblia» do concurso.

Ademais, a través da interacción nas redes sociais twitter@santiagoetapas e facebook.com/santiagoetapas, os internautas poderán optar a ser parte do xurado do concurso.

Santiago(é)Tapas 2014… A polos 200.000 petiscos!

Santiago(é)Tapas é unha referencia a nivel estatal e galega nas citas deste tipo, por traxectoria, modelo e prestixio dende o 2008. Este será o seu sétimo concurso, no conxunto dos seis anteriores vendéronse máis de 170.000 creacións; de feito, a organización aspira a que neste 2014 se alcance a cifra global de 200.000 petiscos servidos.

Na edición do 2013 servíronse 37.000 tapas nos 66 establecementos hostaleiros que ofreceron 109 creacións. Ademais, 10 locais de hostalaría nocturna ofreceron combinados especiais dentro da oferta complementaria denominada Santiago(é)Noite.

Será unha nova ocasión para percorrer distintas (é)tapas pola cidade, tanto na súa zona nova como vella, propoñendo unha peregrinación moi particular pola mellor da gastronomía en miniatura na que sempre se descobren novos sabores e ambientes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar