Santiago:Gala Amal infantil hoxe no Araguaney

Gala infantil Amal
A Gala Amal Infantil, que forma parte do festival cinematográfico do mesmo nome, terá lugar hoxe no Salón de Actos do Hotel Eurostars Araguaney de Santiago de Compostela ás 12.00 da mañá.

Trátase dun evento familiar onde nenos e nenas compartirán e desfrutarán de diversas actuacións e da proxección da curtametraxe «A viaxe de Said», do cineasta Coke Rioboo (Premio Goya 2006 á mellor curtametraxe de animación).Nesta Gala colaboran Brais Fernándes, do colectivo de xestión e dinamización sociocultural Xondobela e Títeres Cachirulo.

Entrada é de balde ata compretar aforo, poderedes recoller as vosas invitacións na recepción do Hotel Eurostars Araguaney e na billeteira do Auditorio Abanca.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar