Cen incidencias polo temporal

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia leva xestionadas dende as 09:00 ata as 18:00 horas de hoxe, un total de 132 incidencias relacionadas co fenómeno adverso de nivel laranxa costeiro que durante o día de hoxe afectou á Comunidade Galega. O 52 por cento das intervencións -69- foron motivadas pola caída de árbores, o 13 por cento -17- se corresponderon con accións dos servizos de emerxencias para a prevención de riscos e o 35 por cento por verteduras nas estradas e por diversos danos ocasionados pola situación meteorolóxica adversa. P
or provincias, na Coruña se levaron a cabo o 55 por cento das intervencións, o 33 por cento en Pontevedra, o 9 por cento en Lugo e, por último o 3 por cento en Ourense.
O vento provocou no Concello de Ames, que unha lona que pechaba unha obra se desprendera contra un autobús escolar. Segundo informou a Policía Local do Concello de Ames ao CAE 112 Galicia, no autobús no que viaxaban 40 nenos e que se dirixían a un cento escolar de Santiago de Compostela, ninguén resultou ferido. En Ribeira, o vento tamén levantou o tellado da caseta dos vixiantes da praia Ameixida. En Nigrán, un particular informaba ao 112 Galicia dun desprendemento de pedras e terra que impedía o paso á súa casa. En Santiago, os bombeiros tiveron que retirar a uralita do tellado dun edificio de sete andares que se desprendeu á rúa sen causar danos persoais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar