Expourense ofrece hoxe o 6º Salón do Vehículo de Ocasión

Expourense_feira do automóbil_inauguración_alcalde_Rosendo_2Descontos que parten dende os 1.000 euros, prezos especiais de feira para animar aos visitantes e a maior oferta en coches de ocasión de Galicia. Isto é o que ofrece hoxe, no seu últmo día, o 6º Salón do Vehículo de Ocasión que organiza Expourense coa colaboración da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. Esta cita contou esta mañá cunha visita institucional presidida polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández, que estivo acompañado por representantes institucionais e empresariais da provincia.

Os expositores desta cita mostran o seu optimismo e contan con pechar de aquí o domingo a venta de numerosos vehículos xa que presentan “unha oferta completa que responde ao que público necesita e con prezos especiais só para estes días”. Dende A.C.A.U.T.O. indican que isto, e o sorteo de 6.000 euros de desconto entre aqueles que merquen un vehículo no salón contribuirá sen dúbida a animar as vendas.

Este salón presenta unha ampla oferta de vehículos de Ocasión, un concepto no que entran os coches de kilómetro cero, seminovo, de xerencia, substitución, mostra ou segunda man. Á hora de mercar un coche de ocasión, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir a profesionais, xa que estes ofrecen unas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares. Por Lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esa garantía ata dous anos ou máis no caso dos vehículos seminovos (de 0 a 3 anos). Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga o profesional.

 

Expourense_feira do automóbil_inauguración_alcalde_Rosendo_2

A oferta presentada neste salón é ampla puidendo atoparse vehículos dende 2.900 euros, aínda que o “vehículo tipo” nesta cita será o do mercado de ocasión en España, isto é, un coche que ronda os 11.000 euros e que conta con sobre tres anos de antigüidade (segundo datos da Federación de Asociacións de Concesionarios, F.A.C.O.N.A.U.T.O.). Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares.

Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo, xa que poden coñecer sen saír do recinto boa parte da oferta na provincia neste mercado.

Como actividade vencellada ó salón e dirixida aos profesionais que traballan na automoción, organizarase unha conferencia sobre a prevención de riscos laborais neste sector. Terá lugar hoxe venres ás 19.00 h. e estará impartida por Inma del Brío, do Gabinete de Prevención da Confederación Empresarial de Ourense (C.E.O.).

Como en todas as feiras que organiza Expourense, aqueles que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración deste salón poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas, incluído AVANT. Pode descargarse o bono na páxina web www.expourense.org.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar