Alfonso Rueda destaca os avances na Administración electrónica xudicial

 

 

Alfonso Rueda_Xornadas de Informática Xudicial_1

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia das medidas de protección e seguridade na Administración electrónica xudicial para garantir a identificación e autenticación dos usuarios e dos documentos.

Rueda inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a cuarta edición das Xornadas de Informática Xudicial, organizadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

 

 

Nestes tempos, as comunicacións da cidadanía ou das empresas coa administración canalizaranse na súa totalidade a través de sedes, rexistros e sistemas de contratación electrónicos, polo que é de especial importancia a necesidade de garantir a identificación e autenticación dos usuarios e dos documentos, e que se complementen cos máximos estándares de seguridade.

Baixo o nome “A xustiza ante a sociedade 2.0. Móbiles, nube, redes sociais e Big Data”, o encontro ten como obxectivo informar os profesionais do ámbito xudicial de Galicia sobre os últimos avances e ferramentas na investigación dos delitos informáticos así como da exposición de casos concretos que expoñerán relatores de alto nivel.

As Xornadas de Informática Xudicial consolidan o seu papel de foro de debate sobre temas de actualidade para a administración de Xustiza. O obxectivo é o de contribuír e incrementar a efectividade e eficiencia da administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas e forenses.

 

Alfonso Rueda_Xornadas de Informática Xudicial_2

Con máis de cen inscritos e tras o éxito de edicións anteriores, as xornadas constitúen un punto de encontro e de debate entre técnicos e xuristas. Nesta edición os asistentes poderán escoitar a profesionais como o maxistrado e xuíz da Audiencia Nacional, Eloy Velasco; o avogado Jorge Campanillas Ciaurriz, especializado en dereito das Tecnoloxías da Información ; Jorge Martín García, inspector da policía científica; o membro da Europol Jaap Van Oss, especializado na ciberdelincuencia; o profesor de Dereito Administrativo Julián Valero-Torrijos; o analista en seguridade informática e socio de DinoSec Raúl Siles Peláez, e o community manager da Policía Nacional, Carlos Fernández Guerra.

Alfonso Rueda_Xornadas de Informática Xudicial_3

 

Na inauguración das Xornadas tamén estiveron a directora da Amtega, Mar Pereira; o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela e Valedor do Pobo, José Julio Fernández, entre outros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar