Feijóo valora a FP como «ferramenta» para achegar á formación ao mercado laboral

Feijóo sitúa a FP como “unha das pancas da recuperación” económica e unha das mellores ferramentas para acercar o mundo académico ás necesidades socioeconómicas da Comunidade

Destaca que nos últimos cinco cursos, a matrícula nos centros que imparten FP en Galicia se incrementou un 48,4%, grazas ao aumento de prazas nos centros públicos, case un 50% máis que no último curso do Goberno anterior

Salienta que hoxe hai 113 ciclos autorizados máis en centros públicos dos que había á súa chegada á Xunta; un total de 19 centros integrados de FP dependentes da Consellería de Educación; ou 22.000 prazas convocadas no proceso de O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe a importancia da educación como valor de futuro e de cara á recuperación da economía galega e situou a FP como unha das mellores ferramentas para acercar o mundo académico ás necesidades socioeconómicas da Comunidade. “A FP foi unha das medidas estruturais que adoptou este Goberno desde 2009 e seguirao a ser durante esta lexislatura porque é unha das grandes pancas da recuperación económica do noso país”, aseverou.

Na súa intervención durante o acto de sinatura dun convenio de colaboración entre Xunta e Bankia para impulsar a formación profesional en Galicia, Feijóo incidiu na aposta do Executivo autonómico por medidas encamiñadas a mellorar a formación dos mozos galegos, fomentando, ao tempo, un maior achegamento entre o mundo académico e o empresarial co fin, dixo, de axustar as competencias e a aprendizaxe á realidade laboral.

Así, e grazas a este apoio decidido, a FP galega gañou un considerable peso nos últimos cinco anos, algo que se pon de manifesto, argumentou, tanto no incremento da oferta, como no número de prazas en centros públicos; ou na adaptación dos currículos ás necesidades dos sectores produtivos da Comunidade.

Nesta liña, puxo de relevo que este é o cuarto curso consecutivo con máis estudantes de FP que en Bacharelato. Esta circunstancia achéganos, lembrou, á tendencia europea e, máis concretamente, ao modelo alemán, que reserva á FP un papel indispensable na loita contra o desemprego xuvenil, unha senda que se ten revelado eficaz “e que desde Galicia estamos dispostos a seguir”, aseverou.

Explicou que nos últimos cinco cursos a matrícula nos centros que imparten FP en Galicia se incrementou un 48,4%, grazas ao aumento de prazas nos centros públicos, case un 50% máis que no último curso do Goberno anterior; que hai 113 ciclos autorizados máis en centros públicos dos que había á súa chegada á Xunta; 19 centros integrados de FP, dependentes da Consellería de Educación; ou 22.000 prazas convocadas nos procesos de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais.

Xunto con isto, remarcou a posta en marcha doutras iniciativas dirixidas á adquisición de competencias que dinamicen o emprego: incrementando a oferta modular para adultos, para un acceso máis flexible aos estudos de FP; e implantando a FP a distancia e a FP dual, “unha FP dual –precisou- na que temos xa case 250 prazas e que axudará a mellorar a competitividade da economía galega”.

No tocante ao convenio asinado hoxe entre Xunta de Galicia e Bankia, Feijóo explicou que recolle un conxunto de actuacións orientadas á mellora da calidade da Formación Profesional na Comunidade galega. Unhas actividades as que se destinarán un millón de euros, e que se centran en catro eixes de actuación: formación do profesorado, con especial atención a accións dirixidas a lograr o plurilingüismo na FP, que prevé formar ata 250 profesores de FP; impulso á FP dual, coa convocatoria para a posta en marcha de proxectos neste ámbito, co cofinanciamento do importe das bolsas ao alumnado participante, beneficiando 300 alumnos; proxectos de innovación e excelencia na FP dual, co desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica no ámbito da FP, entre centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, empresas e/ou institucións, unha actuación que atenderá un máximo de 4 proxectos; e prácticas remuneradas en empresas para titulados de FP.

“En definitiva, profesores, alumnos, innovación e formación dual é o obxectivo deste convenio”, concluíu Feijóo a modo de resumo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar