15 ideas claves na intervención do presidente

 EMPREGO: Mantén como prioridade a loita contra o paro e anuncia un 50% máis de recursos para o emprego xuvenil e un plan específico que fomente a contratación de maiores de 45 anos

 INDUSTRIA: Propón adaptarse á nova realidade económica cun Plan de Diversificación que dea valor engadido aos sectores tradicionais e potencie novas actividades

 INTERNACIONALIZACIÓN: subliña que Galicia acadou un récord histórico en exportacións e o novo obxectivo é incrementalas nun 25 % ata 2020

 INNOVACIÓN: ve a Galicia nunha posición destacada, que reforzará con 8 unidades mixtas e cunha rebaixa de impostos para o fomento da investigación

 EDUCACIÓN PÚBLICA: máis de 51.000 teñen xa un ordenador no ensino público e máis de 85.000 unha educación trilingüe en Primaria e Secundaria e o Plan de plurilingüismo estenderase ao Bacharelato o vindeiro curso

 SANIDADE PÚBLICA: 3 de cada 10 galegos teñen xa ao seu carón un hospital público ou centro de saúde novo ou renovado e chegarase a 7 de cada 10 en 2016

 SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS: incrementáronse un 45% as prazas públicas de servizos sociais, impulsouse unha Lei de accesibilidade e atenderase 2.000 novos dependentes antes de que remate o ano

 DEMOGRAFÍA: Galicia terá o dobre de prazas públicas de gardería ao final de lexislatura, coa creación de 2.000 máis, e anuncia novas rebaixas fiscais que a converten na Comunidade que máis incentiva a natalidade

 FORMACIÓN: Galicia conxela por cuarto ano as taxas universitarias máis baixas de España e crea un 54% máis de prazas de Formación Profesional

 ENERXÍAS RENOVABLES: amplía á xeotermia as posibilidades de Galicia neste eido e concreta unha rebaixa de impostos para os fogares que invistan en renovables

 TERRITORIO: destaca a necesidade dunha Lei do solo que perdure no tempo e subliña os novos mecanismos que a norma incluirá contra as edificacións inacabadas

 INFRAESTRUTURAS: case o 80% dos galegos está a 15 minutos dunha vía de altas prestacións e construiranse outros 60 quilómetros ata 2016 que se suman ao investimento do Estado que garante o AVE en prazo

 TECNOLOXÍA: o 94% dos galegos teñen acceso á banda larga e poñerase en marcha un novo plan para despregar redes de 30 a 100 megas segundo os obxectivos da Unión Europea

 DEMOCRACIA: defende “resolver as eivas da política con máis e mellor política” e propón un impulso democrático desde o Goberno, o Parlamento e os partidos

 AUTONOMÍA: rexeita “aventuras frustrantes” e plantexa a Conferencia de Presidentes para debater as demandas razoables sobre o modelo de convivencia

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar