Santiago:Inminente derrube da Casa da Xuventude para acceder ao Parque de Belvís

Casa Xuventude Santiago de Compostela_anuncio derruamento_derribo_paxinas galegas punto es
Segundo indicou o alcalde de Santiago, este proxecto, que servirá de base para contratar os traballos, inclúe as medicións, planos e condicións necesarias para a demolición e xestión dos residuos xerados, de forma eficiente e sostible e con condicións axeitadas de seguridade para traballadores, veciños e peóns, ademais de non poñer en risco o estado das edificacións lindeiras.»Farase tamén un control e seguimento arqueolóxico das obras de demolición, especialmente no relativo a demolición das cimentacións, retirada previa das contencións existentes e desmontes asociados e na execución de determinados muros», explicou.Lembrou o alcalde que o derrubo da Casa da Xuventude, na praza do Matadoiro, foi acordado por unanimidade da corporación municipal en novembro de 2011, para recuperar o aspecto da praza, favorecendo o acceso ao parque de Belvís e a súa integración no núcleo histórico. «Con este paso –engadiu- poderemos iniciar o proceso de contratación a semana que vén, co fin de que as obras estean en marcha a finais do mes de novembro deste ano».O proxecto de demolición aprobado será completado por un proxecto de reurbanización da parcela, tarefa na que xa están a traballar os servizos municipais de Urbanismo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar