A deputada de AGE Eva Solla é a nova secretria xeral do PCG

Eva Solla_secretaria xeral PCG Partido Comunista de Galicia

   O Partido Comunista de Galicia (PCG) celebrou este sábado os seus XIII Congreso no que acordou renovar o seu comité central –en máis dun 60%– cunha lista única encabezada pola deputada de AGE Eva Solla, que será proposto como nova secretaria xeral.

No seu discurso de clausura do Congreso en Vigo, Solla defendeu un PCG «á ofensiva», en franca interlocución cos movementos sociais e coa clase obreira, ao tempo que agradeceu a confianza dos seus camaradas nesta nova etapa que prevé de consolidación e crecemento orgánico.

Neste congreso, renováronse os documentos políticos, organizativos e estatutarios, ao tempo que se aprobou unha folla de ruta ideolóxica para esta nova etapa marcada por que os comunistas sexan parte activo dos procesos de configuración de bloques políticos e sociais de loita contra o sistema capitalista.

Segundo informa o partido, neste congreso os comunistas galegos abordaron o actual contexto político cun «esgotamento» do modelo «herdeiro do postfranquismo», no cal o «réxime saído da Transición está en descomposición». Na cita interviñeron, entre outros, a vicevoceiro de AGE, Yolanda Díaz; así como os cónsules de Cuba e Venezuela.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar