Presentación en primicia de 23 novos modelos no Salón do Automóbil de Ourense

Salon del automovil

Todas as gamas de vehículos de 23 marcas e modelos que se presentan estes días por primeira vez en Europa. Isto é o que ofrece ata este domingo o 6º Salón do Automóbil- Vehículo Novo que organiza Expourense de forma conxunta coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. e que foi inaugurado esta mañá coa presenza da directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, acompañada doutras autoridades. Durante a súa intervención no acto inaugural destacou que “a automoción é un sector productivo con moito peso nen Ourense e como tal merecía ter un salón que sirva de escaparate e dinamice as vendas e Expourense é un bo lugar poque é todo un exemplo do bo facer empresarial desta provincia”.

O 6º Salón do Vehículo Novo presenta en Exporuense a maior concentración de vehículos do ano en Galicia con coches de todas as gamas de 23 marcas: Alfa Romeo, Audi, BMW, Dacia, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Kia, Land Rover, Mazda, Mercedes-Benz, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo. A oferta de automóbiles presentados cubra todas as necesidades (utilitarios, familiares, deportivos, monovolumes, suburbano, todoterreo…) e tamén todos os petos xa que hai modelos novos a partir de 6.000 euros.

Salon del automovil 2Facendo un percorrido por este salón, cada concesionario expositor ten un espazo reservado para presentar a última novidade da marca, sexa un modelo novo ou ben unha nova versión dun xa existente. Nesta cita pódense atopar ademais coches recén chegados da factoría que se presentan en Expourense por primeira vez en Europa e dos que aínda non hai ningún matriculado e que ata hoxe non podían atoparse nos concesionarios españois.

Os visitantes teñen por diante tres días con amplo horario e aparcamento para atopar aquello que buscan ou simplemente para coñecer as últimas novidades do sector de cara a unha compra a medio prazo. O público poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, comparar opcións antes de realizar unha compra que require dun gran desembolso económico.

Para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización sortearán entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil nestas citas un desconto de 6.000 euros. Trátase, segundo indican dende A.C.A.U.T.O. “do maior descontó relaizado en eventos deste tipos en Galicia”. Pola súa parte, Expourense sorteará entre os visitantes estadías en Balnearios de Galicia.

A venda de automóbiles é un dos indicadores de consumo máis fiables á hora de avaliar a situación económica dunha rexión. Segundo informa o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas, “logo de anos moi difíciles as vendas están repuntando. En Ourense a venda de automóviles subiu no que vai de ano un 12% con respecto a 2013, o mesmo que na provincia de Lugo. Na Coruña e Pontevedra este crecemento foi superior aínda”. A organización agarda que esta cita contribúa a dinamizar as vendas e poder incrementar esta porcentaxe de subida na venda de automóbiles.

Dende A.C.A.U.T.O. indican que agora é un bo momento para mercar un vehículo. Grazas a incentivos como o Plan PIVE estase a conseguir renovar o parque móbil do país, facéndoo menos contaminante e aumentando a seguridade viaria. Aqueles que decidan achegarse ata estes salóns poderán ademais obter información sobre as distintas axudas e incentivos existentes á hora de adquirir un vehículo como o Plan PIVE 6 que está tendo moi boa acollida e dos que xa se investiron, dende o pasado mes de xullo, 70 millóns de euros dos 175 de fondos públicos destinados (segundo informa a patronal de fabricantes ANFAC).

Como en todas as feiras que organiza Expourense, aqueles que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración destes salón poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas. Pode descargarse en www.expourense.org.

O prezo da entrada a este salón 4 euros e os menores de 12 anos poderán entrar de xeito gratuíto. O horario de apertura do salón será de 11.00 a 20.00 horas (venres), de 10.00 a 20.00 (sábado) e de 11.00 a 20.30 (domingo).

Con ese mesmo horario, Expourense acollerá a vindeira fin de semana, do 10 ó 12 de outubro o 6º Salón do Vehículo de Ocasión. O prezo de entrada serán 2 euros.

NOVIDADES QUE PRESENTAN OS CONCESIONARIOS NESTA CITA:

LAND ROVER – Range Rover Evoque 2015 e Range Rover Sport 2015
HONDA – Civic Tourer e CR-V 1.6 120CV.
SUZUKI – S-CROSS
TOYOTA – Yaris 2015
PEUGEOT – 108 e 508
RENAULT – Twingo 2014 / Captur Sl Helly Hansen / Trafic
ALFA ROMEO – 4C
NISSAN – PULSAR / QASHQAI, JUKE R X-TRAIL
BMW – X4 / Serie 4 Gran Coupé / Serie 2 Active Tourer
MERCEDES- BENZ – Nova Clase C Estate
FORD –Transit Courier
SKODA – Octavia RS
HYUNDAI – Santafé
VOLVO – Gama Connected Edition do S60 e V60.
AUDI – A3
SEAT – Mii by MANGO
OPEL – Opel Adam + 1ºOpel MOKKA fabricado en Zaragoza
PORSCHE – BOXTER GTS / CAYENNE

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar