Miranda visita de novo a Irmandade Galega de Caracas, un dos colectivos máis numerosos da emigración

Miranda_España Saúde_Caracas_1
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, realiza unha nova viaxe a Venezuela, onde, ademais de coñecer a actualidade da diáspora mediante o contacto directo cos galegos e galegas residentes naquel país, participou no acto de entrega de certificación da Medalla de Honra da Emigración, na súa categoría de ouro, á Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.Miranda_Miras_Caracas_3

No mesmo acto, realizouse a entrega de similar galardón, na categoría de prata, a catro personalidades destacadas da diáspora: Agustín Monge Pelegrín, Francisco Álvaro Gómez García, José Benito Pérez Vázquez, e Felisindo López Lorenzo.

O evento, que tivo lugar na propia Irmandade,  estivo presidido polo director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Aurelio Miras, encargado da entrega da certificación oficial. E, ademais de Miranda, estiveron tamén presentes o embaixador de España en Venezuela, Antonio Pérez-Hernández; o cónsul xeral, Paulino González; e mailo conselleiro de Emprego e Seguridade Social da legación española, Juan Santana.

 

Estas medallas de honra, tanto na súa categoría de ouro coma de prata, son o máximo recoñecemento do Goberno Central ao labor de persoas e institucións en favor da diáspora española, e o seu outorgamento engade unha nova distinción ás moitas que neste aspecto atesoura a Hermandad, unha das comunidades galegas no Exterior máis sobranceiras.
Miranda_Aurelio Miras_España Saúde_Caracas_2
Trala entrega da certificación á Hermandad, Miranda asinará unha addenda ao convenio de colaboración entre a institución que dirixe e maila Fundación España Salud, entidade prestataria de servizos socio sanitarios, para reforzar a asistencia da poboación galega residente en Venezuela.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar