Expourense ultima a organización do Salón do Automóbil

Sexto salón do automóbil_Expourense

Expourense incorpora ao seu calendario feiral de 2014 dúas novas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción. En estreita colaboración coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., organizan para as dúas primeiras fines de semana do mes de outubro o que será xa o 6º Salón do Automóbil – Vehículo Novo (a fin de semana do 3 ó 5) e o 6º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión (do día 10 ó 12).

O salón foi presentado esta mañá en Expourense nun acto no que estiveron presentes o presidente en funcións do Comité executivo de Expourense e da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada, o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas, e o membro da executiva da Asociación, Santiago Garza. Siejas indicou que “esta será maior concentración de vehículos na provincia este ano”.

Está confirmada a participación como expositores nestas citas de todos os concesionarios da provincia asociados a A.C.A.U.T.O. En total participarán unha vintena de empresas que engloban en total 23 marcas de vehículos: Alfa Romeo, Audi, BMW, Dacia, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Kia, Land Rover, Mazda, Mercedes-Benz, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2015. En total, durante as dúas fines de semana, o recinto feiral de Expourense acollerá máis de 1.000 automóbiles.

Sexto salón do automóbil_Expourense_2

 

O obxectivo é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e

preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo que poderá consultar nun mesmo espazo toda a oferta existente no mercado ourensán, comparar opcións antes de realizar unha compra que require dun gran desembolso económico.

Para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización sortearán entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil nestas citas un desconto de 6.000 euros. Pola súa parte, Expourense sorteará entre os visitantes estadías en Balnearios de Galicia.

A venda de automóbiles é un dos indicadores de consumo máis fiables á hora de avaliar a situación económica dunha rexión. Segundo informa o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas, “logo de anos moi difíciles as vendas están repuntando. En Ourense a venda de automóviles subiu no que vai de ano un 12% con respecto a 2013, o mesmo que na provincia de Lugo. Na Coruña e Pontevedra este crecemento foi superior aínda”.

Dende A.C.A.U.T.O. indican que agora é un bo momento para mercar un vehículo. Grazas a incentivos como o Plan PIVE estase a conseguir renovar o parque móbil do país, facéndoo menos contaminante e aumentando a seguridade viaria. Aqueles que decidan achegarse ata estes salóns poderán ademais obter información sobre as distintas axudas e incentivos existentes á hora de adquirir un vehículo como o Plan PIVE 6 que está tendo moi boa acollida e dos que xa se investiron, dende o pasado mes de xullo, 70 millóns de euros dos 175 de fondos públicos destinados (segundo informa a patronal de fabricantes ANFAC).

Como actividade vencellada ó salón e dirixida aos profesionais que traballan na automoción, organizarase unha conferencia sobre a prevención de riscos laborais neste sector. Terá lugar o venres 10 de outubro ás 19.00 h. e estará impartida por Inma del Brío, do Gabinete de Prevención da Confederación Empresarial de Ourense (C.E.O.).

Como en todas as feiras que organiza Expourense, aqueles que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración destes salón poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas. Pode descargarse en www.expourense.org.

O prezo da entrada serán 4 euros para o Salón do Vehiculo Novo e de 2 euros para o Vehículo de Ocasión. Os menores de 12 anos poderán entrar de xeito gratuíto. O horario de apertura do salón será de 11.00 a 20.00 horas (os venres 3 e 10 de outubro), de 10.00 a 20.00 (os sábados 4 e 11) e de 11.00 a 20.30 (os domingos 5 e 12).

NOVIDADES QUE SE PRESENTARÁN OS CONCESIONARIOS NESTA CITA:

LAND ROVER – Range Rover Evoque 2015 e Range Rover Sport 2015
HONDA – Civic Tourer e CR-V 1.6 120CV.
SUZUKI – S-CROSS
TOYOTA – Yaris 2015
PEUGEOT – 108 e 508
RENAULT – Twingo 2014 / Captur Sl Helly Hansen / Trafic
ALFA ROMEO – 4C
NISSAN – PULSAR / QASHQAI, JUKE R X-TRAIL
BMW – X4 / Serie 4 Gran Coupé / Serie 2 Active Tourer
MERCEDES- BENZ – Nova Clase C Estate
FORD –Transit Courier
SKODA – Octavia RS
HYUNDAI – Santafé
VOLVO – Gama Connected Edition do S60 e V60.
AUDI – A3
SEAT – Mii by MANGO
OPEL – Opel Adam + 1ºOpel MOKKA fabricado en Zaragoza
PORSCHE – BOXTER GTS / CAYENNE

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar