O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, sumouse ao desfile medieval que tivo lugar esta mañá na localidade ourensá con motivo da celebración da XXVI “Festa da Istoria”.
A comitiva partiu dende o barrio de San Francisco e percorreu varias rúas do municipio entre as risas e os cánticos da multitude que se animou a participar.
A fachada do castelo puxo o punto final ao itinerario deste tradicional desfile. A continuación, levouse a cabo a lectura do pregón que supuxo o comezo das distintas actividades e exhibicións que se prolongaron ao longo de toda a xornada.
Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar