Segunda incautación de marisco furtivo: 400 quilos de ameixa en Mugardos e Boiro

Furtivos_ameixa Mugardos

O Grupo de Resposta Policial (ERPOL), da Policía Autonómica incautou 400 quilos de ameixa nun operativo destinado á prevención e control do marisqueo furtivo en Mugardos e Boiro (A Coruña).

Axentes da Policia Autonómica participaron en dous operativos durante esta pasada noite en diversas zonas da enseada de A Barca en Mugardos e na zona de Praia Xardín, no concello de Boiro, que tivo coma resultado o comiso de 350 quilos de ameixa, 19 sachos, 16 cubos e 4 lanternas, no operativo de Mugardos; e 50 quilos de ameixa, e 7 rastrillos no operativo de Boiro.

Nos dispositivos foron identificadas un total de 56 persoas, 36 en Mugardos e 20 e Boiro, expedindo as correspondentes 56 actas de infracción por parte do Grupo ERPOL da Policía Autonómica.

CASE TRESCENTOS QUILOS DOUS DÍAS ANTES

Ameixa futivos Ría de Ferrol O Grupo de Resposta Policial (ERPOL), da Policía Autonómica incautou 280 quilos de ameixa nun operativo destinado á prevención e control do marisqueo furtivo na ría de Ferrol.

O operativo tivo lugar na noite do mércores en diversas zonas da enseada de A Barca en Mugardos e tivo coma resultado o comiso de 280 quilos de ameixa, 21 cubos, 13 lanternas e 24 azadas.

Esta actuación foi o resultado do dispositivo de vixilancia establecido polo corpo policial e no que foron identificados un total de 50 persoas, ademais de ser expedidas 48 actas de infracción por parte do Grupo ERPOL da Policía Autonómica.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar