A carpa “Xplora Xuventude” chegou hoxe a San Sadurniño

Explora Xplora Xuventude_carpa
A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata a localidade coruñesa de Laxe para informar aos mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará ubicada na finca da Coruña (O Casal), entre as 11,00 e as 14,00 horas.

A campaña está a desenvolverse por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que, ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar