Alfonso Rueda conoce as actuacións da Mancomunidad do Salnés

Alfonso Rueda_Mancomunidade do Salnés

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron hoxe o concello de Vilanova de Arousa para coñecer de primeira man as actuacións levadas a cabo pola Mancomunidade do Salnés ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, procedente do canon eólico.

En concreto, as actuacións que se están levando nesta zona corresponden ao proxecto proposto pola Mancomunidade do Salnés para este ano, e que teñen qué ver coa conservación e reposición medioambiental do territorio nos núcleos rurais de Cambados, Meis e Vilanova. Para este fin, concedéronse 50.000 euros que foron destinados á adquisición de maquinaria para tarefas de desbroce, ou a limpeza de paseos e areas recreativas, entre outras accións, que á súa vez están xerando postos de traballo.

As actuacións que agora se están a levar a cabo seguen a mesma liña de conservación e recuperación medioambiental posta en marcha pola Mancomunidade en 2013, que recibiu nestes dous últimos anos máis de 100.000 euros destinados a estas actuacións medioambientais.

Nesta liña, Rueda mostrou a súa satisfacción polo espírito de cooperación entre os municipios -que se amosa en accións como esta- e que se traduce en aforro de custes e a máxima eficiencia para os cidadáns. Nesta liña, o vicepresidente anunciou que a Xunta seguirá apoiando aos concellos e destacou que máis da metade dos proxectos presentados nesta convocatoria en concorrencia competitiva corresponden a agrupacións de concellos.

Na visita, Rueda indicou que o fondo resulta un beneficio para as arcas municipais e, por ende, para todos os veciños, xa que está destinado a financiar iniciativas de mellora do medio ambiente. Neste sentido, o vicepresidente recordou que se vén de resolver hai unhas semanas a convocatoria deste ano, para a cal se destinarán case 9 millóns.

Durante a visita, Rueda e Tourís estiveron acompañados polo alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Duran; polo alcalde de Cambados, Luis Aragunde e polo alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Ademais, este Fondo reflicte o compromiso da Xunta: co medio ambiente -está dirixido a actuacións ambientais-, coas facendas locais, xa que representa un importante ingreso para as arcas municipais; e por último co reequilibrio territorial, xa que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais do interior de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar