Sete mulleres asasinadas polas suas parellas en agosto en España

Un total de sete mulleres foron asasinadas este mes por homes cos que mantiveron unha relación de parella, o que converte este agosto no máis duro para a violencia de xénero dos últimos catro anos. Hai que remontarse a 2009 nas estatísticas oficiais para atopar unha cifra similar.

En 2012 e 2013, os meses de agosto saldáronse cun homicidio. En 2011 producíronse catro e en 2010, un total de 2. En 2009, co mes vencido contábanse sete, a metade que en 2008, cando se rexistraran 14 asasinatos machistas. En 2007 foron oito, segundo os datos oficiais recollidos por Europa Press.

Dende que o pasado día 2 se confirmase o asasinato dunha muller na localidade almeriense de Berja, sucedéronse outros seis homicidios de índole machista en Orihuela (Alicante), Torrox (Málaga), Móstoles (Madrid), Barro (Pontevedra), El Campello (Alicante) e Barcelona.

Este último, aínda por confirmar oficialmente, se produciu este mércores, cando os Mossos d ‘Esquadra detiveron un home de 70 anos acusado de asasinar unha muller de 49 coa que non se descarta que mantivese unha relación sentimental.

De confirmarse, contaríanse 39 vítimas mortais de homes violentos no que vai de ano, nove máis que nas mesmas datas de 2013 e oito máis que en 2012. Non obstante, a Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero ten dous casos baixo investigación, crimes sucedidos en San Roque (Cádiz) e El Escorial (Madrid), o que podería aumentar o balance.

Ademais, unha muller permanece ingresada ferida de gravidade despois de que recibise dous tiros na cabeza na localidade de Chantada, en Lugo. O seu noivo, propietario do establecemento onde aconteceron os feitos, foi detido.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar