A Policía autonómica incauta perto de 300 quilos de ameixa de orixe furtivo

Ameixa futivos Ría de Ferrol O Grupo de Resposta Policial (ERPOL), da Policía Autonómica incautou 280 quilos de ameixa nun operativo destinado á prevención e control do marisqueo furtivo na ría de Ferrol.

O operativo tivo lugar esta pasada noite en diversas zonas da enseada de A Barca en Mugardos e tivo coma resultado o comiso de 280 quilos de ameixa, 21 cubos, 13 lanternas e 24 azadas.

Esta actuación foi o resultado do dispositivo de vixilancia establecido polo corpo policial e no que foron identificados un total de 50 persoas, ademais de ser expedidas 48 actas de infracción por parte do Grupo ERPOL da Policía Autonómica.

Ameixa furtivos Ría de Ferrol_2

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar