Agustín Hernández reúnese cos veciños de Meixonfrío e da Gracia

Hernández_veciños de Meixonfrío

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, continúa a rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais. Desta vez foron a Asociación de Veciños da Gracia e a Asociación de Veciños Casa Agraria, de Meixonfrío, as que pasaron polo Pazo de Raxoi.

Os representantes veciñais déronlle conta ao alcalde das súas principais demandas para os seus barrios. Tomaron nota delas Agustín Hernández e o concelleiro de Relacións e Medio Rural, José María Rosende. No encontro cos veciños da Gracia participou tamén o edil de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.

Hernández_veciños da Gracia

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar