A estrea de “A Esmorga” abrirá a 19 edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense

Fotografa película A Esmorga
O Festival de Cinema Internacional de Ourense abrirá os seus 19 edición, que se desenvolverá enre o 15 e o 23 de novembro, coa estrea mundial da película galega ‘A Esmorga’, do realizador ourensano Ignacio Vilar (Petín 1951), unha adaptación cinematográfica da novela homónima do escritor Eduardo Blanco Amor.

Considerada unha de grandes cumios de literatura galega universal de todos tempos, a novela, escrita en 1959, está ambientada en Bela Auria — a cidade de Ourense– e conta unha noite de esmorga protagonizada por tres marxinados: Cibrán ‘O Castizo’, Xanciño ‘o Bocas’ e Aladio ‘Milhomes’. Na súa particular esmorga, trasgreden as normas deambulando por tabernas, prostíbulos sen deixar de beber ata finalizar nun inexorable final tráxico.

A fita, protagonizada polo actor vasco Karra Elejalde e os galegos Miguel de Lira e Antonio Durán ‘Morris’ está rodada integramente na provincia de Ourense e de, forma especial, na capital, en escenarios emblemáticos da novela como a estación ou o casco vello, a Praza do Ferro, a Praza Maior, e a capela de San Cristo donde se pudo rodar con un permiso especial, onde se puido rodar cun permiso especial. Tamén se rexistraron escenas na taberna A Papuxa de Ribadavia.

Vía Láctea Filmes e a Editorial Galaxia, produtoras de película, tardaron seis anos en sacar adiante este proxecto.

Finalmente, coa axuda do Concello de Ourense, a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta –Consellería de Cultura e Educación, a través de Agadic–, a TVG e a TVE, en febreiro deste ano comezou a rodaxe do filme, que tras a súa estrea mundial neste festival o 15 de novembro, chegará ás pantallas comerciais unha semana despois.
ANUNCIOUSE EN 2010 NO FESTIVAL

Precisamente, foi durante a XV edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense, no ano 2010, cando Ignacio Vilar e Víctor Freixanes, director de Galaxia –editorial que posúe os dereitos da novela–, anunciaron publicamente o proxecto de adaptar ao cinema en lingua galega a novela de Blanco Amor.

Esta será a segunda grande adaptación ao cinema da novela de Branco Amor, tras a que fixera o director asturiano Gonzalo Suárez, en 1977, baixo o título ‘Parranda’, e que protagonizaron José Sacristán, Antonio Ferrandis e José Luis Gómez.

A estrea da versión de Ignacio Vilar coincidirá practicamente no tempo coas celebración do 35 aniversario do falecemento –1 de decembro de 1979– do insigne escritor ourensano.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar