Caballero presenta o Campionato de tenis de Vigo

Abel caballero_veciños Samil_campeonato de Tenis

O alcalde, Abel Caballero, anunciou que uns 300 participantes, dende categoría benxamín á absoluta, inscribíronse “nun torneo no que se verá tenis de alta calidade”, explicou. Ademais, cunha “participación récord” respecto dos últimos anos.

Para o rexedor, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e membros da Federación Galega de Tenis, este campionato e a súa lonxevidade “amosan a capacidade de facer tenis que Vigo ten”, ademais de destacar que “é o campionato con máis participación de toda Galicia”.

Pablo González, en representación da Galega e da Escola Municipal de Tenis, insistiu en que neste evento participa todo o mundo (“todos están dispostos a xogalo porque é emblemático da cidade”, afirmou) e asegurou a presenza do número 1 galego, Roberto Rodríguez, afincado en Vigo, e de destacadas xogadoras como é o caso de Patricia Vilas.

Precisamente Rodríguez e Vilas defenden o seu título de 2013 nas pistas do IMD de Samil. As finais xogaranse a fin de semana do 6 e 7 de setembro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar