Ourense: Presentado o libro “Coñece Esgos, descubre a historia”

Libro Coñece Esgos_Descubre a sua historia

O Centro Cultural “Parada Justel” de Esgos acolleu a presentación do libro Coñece Esgos, descubre a historia, unha publicación da Deputación de Ourense e do Concello de Esgos que amosa a través das fotografías de Alberte Peiteavel os “recunchos e encantos segredos deste municipio ourensán”. O acto de presentación contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, e o editor José Luis Teófilo, acompañados polo vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

21.08.14.ESGOS.PRES.LIBRO.

O libro presenta un Esgos “forxado con pedra, madeira e ferro, que nos descubre a beleza destas terras enchidas de historia”, dixo Manuel Baltar. O acto literario, que contou coa participación musical de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas, coincidiu co inicio das festas patronais de Esgos e congregou no Centro Cultural “Parada Justel” a un centenar de veciños da localidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar