Lugo: Obradoiros infantís “O sorriso de África”

O Sorriso de África_obradoiros interculturais Concello Lugo_completo

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa que o próximo sábado día 23 de agosto celebraranse os obradoiros interculturais “O sorriso de África” para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Estes obradoiros terán lugar na Praza Maior pola mañá e neles realizaranse diferentes actividades e xogos africanos para que os nenos e nenas lucenses poidan coñecer outras formas de divertimento. O horario das actividades será dende as 11:00 ás 13:30 horas.

Esta actividade organizada pola Fundación Jóvenes y Desarrollo en colaboración co Concello de Lugo quere sensibilizar aos nenos e nenas coa realidade infantil doutros países e que poidan aprender novos xogos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar