A Policía autonómica comisa 123 quilos de ameixa

O Grupo de Resposta Policial (ERPOL), da Policía Autonómica, informou hoxe do comiso dun total de 123 quilos de ameixa nas zonas de Cabo de Cruz -no concello de Boiro- Rianxo, Ferrol e A Coruña.

Esta actuación foi o resultado de catro dispositivos de vixilancia establecidos no día de onte e no que foron identificados un total de 50 persoas, ademais de ser expedidas 50 actas de infracción por parte do Grupo ERPOL da Policía Autonómica.

En concreto, os dispositivos foron levados a cabo nas praias de Mañóns e Barraña –na zona de Cabo de Cruz en Boiro-, na praia de Tanxil e debaixo da ponte de Taragoña no caso de Rianxo, en Caranza, Malata, O Couto, Mugardos e a zona do Castelo en Ferrol; e fronte ao poboado e nas tres Marías na zona de Coruña.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar