Pantín Classic Galicia Pro, epicentro del surf internacional

Pantin Clasics Pro cartel

Esta mañá asinouse o convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e o Clube Praia de Pantín para a celebración da 27 edición do Circuito Mundial da Asociación de Surf Profesional que se celebrará do 26 ao 31 deste mes.

No acto, que estivo presidido polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, participaron ademais da directora de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, un dos membros da organización do Pantin Classic Galicia Pro, Marcos Rodríguez.

Pantin Clasics Pro surf Concello Valdoviño web

 

A través deste convenio, Turismo de Galicia colabora na organización e promoción do Pantin Classic Galicia Pro e afiánzase como un dos colaboradores principais de dito evento.

Pantin Classic Galicia Pro é un campionato que cada ano sitúa a Galicia no epicentro do turismo de surf a nivel mundial, consumándose como un dos principais eventos internacionais deportivos de renome que se celebra na nosa comunidade.

“En Galicia temos o mellor escaparate para atraer viaxeiros que queiran practicar deportes e acontecementos como o Pantín Classic Galicia Pro nas Rías Altas ou o Marisquiño, recentemente celebrado nas Rías Baixas, axúdannos a difundir boa parte dos nosos reclamos fundamentais”, declarou Nava Castro tras a sinatura do convenio.

Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, quixo remarcar o nivel organizativo e deportivo da proba, “sen dúbida, un dos principais reclamos deportivos de Galicia no exterior, como demostra a presenza dos principais surfistas do mundo, tanto na competición masculina como na feminina”, apuntou Lete Lasa, quen, ademais, volveu a poñer en valor o traballo que se está a realizar en Galicia para aunar deporte e turismo.

O Plan Integral de Turismo de Galicia 2014-2016 recolle na súa segunda estratexia referente á Oferta baseada no patrimonio e nos recursos endóxenos, buscando a desestacionalización e os novos públicos, accións relativas a promoción e apoio á organización de iniciativas de turismo deportivo para a captación de novos fluxos turísticos.

Os eventos deportivos xeran un importante impacto económico tanto directo como indirecto nos territorios nos que se desenvolven e con esta premisa o Plan Integral de Turismo de Galicia reflexa que é necesario promocionar e apoiar a organización de eventos deportivos en Galicia en función da súa relevancia deportiva, do número de participantes e acompañantes, da súa transcendencia mediática e da súa capacidade de captar turistas para practicar esa modalidade deportiva ao longo do ano.

Nas accións a impulsar que se recollen neste apartado englóbase o apoio á organización e a difusión de eventos deportivos na nosa comunidade en base a criterios de impacto económico nos territorios, prestando unha atención singular a aquelas especialidade deportivas que poñan en valor os recursos naturais e culturais de Galicia e ás que se poidan diferenciar como produto turístico propio.

Xunto a ela, inclúese a coordinación da oferta turística para a posta en marcha de novos servizos especializados para deportistas e seguidores mais o impulso da organización e celebración de novos eventos deportivos ao aire libre nos recursos naturais galegos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar