Os parques naturais de Galicia ofrecen 50 roteiros para achegar á natureza

El parque natural de As Fraguas do Eume, en buen estado de recuperación
Parque natural das Fragas do Eume

A Xunta de Galicia invita aos cidadáns a coñecer as distintas paisaxes que ofrecen os parques naturais a través dos máis de 300 quilómetros que suman 50 roteiros identificados. Estes percorridos achegan aos visitantes á natureza, permitindo coñecer in situ tanto os propios contornos naturais como representacións arquitectónicas, escultóricas ou etnográficas que explican a historia e tradicións do citado lugar.

En total os seis parques naturais de Galicia e o Parque Nacional das Illas Atlánticas ofrecen rutas de diferente dificultade e para percorrer en diferentes medios. O parque do Xurés é o que máis rutas e quilómetros ofrece (126,1 km repartidos en 11 rutas); mentres que no lado oposto atópase o Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (con cinco rutas e 15 km). Na seguinte táboa detállanse as rutas por parque:

Parque Ruta Dificultade KM
Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
(A Coruña) Camiño da Auga Baixa 2,5
Camiño da Gandarela Baixa 6
Camiño da Praia Baixa 1,5
Camiño do Río do Mar Baixa 3,5
Camiño do Vento Baixa 1,5

Parque Natural Monte Aloia (Pontevedra) Cabaciñas- Pozas da Cabana Media- Baixa 2
Muíños de Paredes Media 6
Rego de Pedra Media- Baixa 2,4
Castro Alto dos Cubos Media- Baixa 4,5
Muíños de Tripes Media- Baixa 2,6
Senda Botánica Baixa 0,4

Parque Natural das Fragas do Eume (A Coruña) Camiño dos Encomendeiros Baixa 7,5
Camiño da Ventureira Baixa 6
Camiño da Pasa da Vella Baixa 4,5
Camiño dos Cumios de Sanguiñedo Media 8,5
Camiño dos Cerqueiros Baixa 6,5
Camiño en bicicleta de Pena Fesa Baixa 9,9

Parque Natural do Invernadeiro (Ourense) Ruta da Ortiga Alta 22
Ruta da Auga Baixa 4
Ruta das Troitas Baixa 3,5
Ruta do Depósito Media 2
Ruta dos Cercados Media- Alta 3
Ruta da Aceveda Media 8

Parque Natural da Enciña da Lastra (Ourense) Ruta Tras os Penedos Baixa 2
Ruta das Galegas Media 8
Ruta das Dúas Vertentes Media 4
Ruta do Val do Sil Media- Baixa 5
Baixo Páramo Media 4
Real de Oulego Media 4
Soutos baixo Penda Falcueira Media- Alta 3,5

 

Fragas do Eume_2

 

Parque do Xurés (Ourense) Ruta do Río Vilameá Baixa- Media 1,7
Ruta da Corga da Fecha Alta 3,6
Ruta da Mina das Sombras Alta 7
Ruta de Padrendo Media- Alta 11
Ruta do Río Mao Baixa- media 3,4
Ruta do Río Agro Media- Alta 13
Ruta de Queguas Media 8,4
Ruta de Torrente- Salgueiro Media- Alta 11
Ruta A Cela- Pitoes Alta 14
Ruta da Ermida do Xurés Media 4
Vieiro das Mámoas Media 49

Parque Nacional Illas Atlánticas Ruta Sur- Ons Media 6,2
Ruta Norte- Ons Media 8,1
Ruta do Faro- Ons Baixa 4
Ruta do Castelo- Ons Baixa 1,1
Ruta do Monte Faro- Cíes Media 7,4
Ruta do Faro da Porta- Cíes Baixa 5,2
Ruta do Alto do Príncipe- Cíes Media 3
Camiño do Faro- Sálvora Baixa 1,2
Itinerario circular- Cortegada Baixa 3,2

Os parques no dispositivo móbil
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas habilitou o pasado ano unha aplicación gratuíta Parques Naturais para as dúas plataformas maioritarias de telefonía IOS (Apple) e Android (Google) con información sobre as distintas rutas que se poden realizar dento dos parques naturais de Galicia. Na actualidade, esta aplicación está supervisada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e xa rexistrou case 7.000 descargas para android.

Esta guía, que se presenta en galego e castelán, enumera e localiza os principais recursos ambientais e turísticos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e os parques naturais do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas do Carregal e Vixán, as Fragas do Eume, a Baixa Limia-Serra do Xurés, Monte Aloia, O Invernadoiro e Serra da Enciña da Lastra, converténdose nunha ferramenta óptima para o goce destas áreas naturais. En total suman 50 itinerarios que permiten percorrer 318 quilómetros de camiños naturais.
Ofrece unha descrición xeral de cada parque, información acerca da mellor forma de realizar a visita, o clima, os servizos e os equipamentos cos que conta cada localización, os graos de protección e as formas de acceso.

Grazas a esta aplicación, os usuarios poden programar, de xeito intuitivo e práctico, as visitas a cada un destes espazos naturais protexidos de Galicia, adaptando a visita ás súas condicións e necesidades. Ademais, esta aplicación permite almacenar os datos no teléfono do usuario e consultar máis dun 80% da información sen necesidade de conectarse a internet.

Esta programación é posible grazas a que os usuarios poderán descargarse máis de 500 fichas elaboradas con gran detalle, así como 200 fotografías, nas que atoparán información sobre a paisaxe e o patrimonio natural e cultural de cada parque, así como as rutas oficiais sinalizadas en mapas con tecnoloxía de xeolocalización, fotografías e información sobre distancias, dificultade e puntos de inicio. Esta información está estruturada da seguinte forma:

– Descrición xeral, grados de protección e formas de acceso. Esta é unha información que cobra especial interese, especialmente naqueles espazos nos que se necesita autorización administrativa para a súa visita, a afluencia de visitantes está regulada ou o seu acceso só é realizable a través de transportes marítimos ou especiais, como é o caso do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

– Información acerca da mellor forma de realizar a visita, o clima, os servizos e os equipamentos con que conta cada localización.

– Descrición do hábitat protexido e das especies de flora e fauna existentes en cada parque natural e Nacional.

– Indicacións acerca do patrimonio arquitectónico, histórico ou etnográfico de cada zona.

– Rutas de sendeirismo oficiais sinalizadas en mapas con tecnoloxía de xeolocalización, fotografías e información sobre distancias, dificultade, punto de inicio e principais atractivos do traxecto.

 

Fragas do Eume 3

 

A Consellería de Medio Ambiente aposta pola difusión destas rutas, que teñen como obxectivo mellorar o coñecemento deste entorno natural por parte dos cidadáns co fin de optimizar o seu uso e consecuente aproveitamento e sobre todo, facer fincapé na importancia do coidado da natureza para garantir a conservación destes espazos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar