Comezan en Ourense as XXXI Xornadas de Folclore

 

Xornadas de folclore Deputación OUrense

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora un ano máis na celebración das Xornadas de Folclore, que se celebran na provincia de Ourense, acollendo aos participantes nas mesmas no Centro Residencial Docente da cidade das Burgas.

Na inauguración da XXXI edición que deu comezo hoxe o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, en representación do conselleiro, Xesús Vázquez Abad, sinalou que “este encontro internacional de Música e Danza, trae a mellor cultura popular á provincia de Ourense, e por extensión a Galicia”, ao que engadiu que “a música e a danza son dúas grandes raíces da árbore da arte, que en Galicia están vivas e fortemente arraigadas, grazas a xornadas como esta e ao traballo de moita xente”.

Na xornada inaugural o delegado da Xunta xunto a outras autoridades aos participantes deste edición procedentes dos cinco continentes e posteriormente actuou a Escola Provincial de Danza “Castro Floxo”.

PROGRAMACIÓN
Desde hoxe ata o vindeiro 20 de agosto participarán nesta trixésimo primeira edición das Xornadas agrupacións que representan a Rusia, Arxentina, Perú, Corea e Sudáfrica que percorrerán 16 localidades da provincia.

Así, mañá os participantes nas Xornadas estarán en O Barco e Carballiño; en Celanova e Manzaneda o mércores 13; e o xoves realizarase unha recepción oficial na Deputación de Ourense para logo desprazarse a Entrimo e Maceda. Verín e A Rúa serán visitados o venres 15 e o día seguinte Castro Caldelas e Allariz. O domingo 17 as Xornadas de Folclore chegan a Xinzo de Limia e a Viana do Bolo. O luns 18, a capital acollerá este encontro folclórico e realizarase un desfile dende o parque de San Lázaro ata a praza Maior, onde terá lugar a actuación, e o día seguinte recalarán en Bande e Trives. A xornada de clausura será o mércores 20 na localidade de Ribadavia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar