Distinción ao “viaxeiro 1.000” dos trens turísticos da Ruta dos Viños

Nava Castro_distintivo turístico no ten turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, xunto co xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, participaron hoxe no Tren Turístico das Rutas dos Viños de Valdeorras e Ribeira Sacra. Este percorrido forma parte das novas rutas turísticas en tren implementadas este ano que suman coas dúas inauguradas no pasado ano, sete itinerarios que transcorren por diferentes lugares da xeografía galega.

Durante o primeiro treito do percorrido, Nava Castro outorgoulle un distintivo ao pasaxeiro mil desta nova edición dos Trens Turísticos de Galicia. A directora de Turismo explicou que tanto esta ruta coma o resto están acadar un éxito rotundo e espera que os próximos percorridos que están dispoñibles ata finais de setembro sigan sumando pasaxeiros a este viaxeiro que hoxe se distingue.

O tren da Ribeira Sacra-Valdeorras realiza seu percorrido partindo ás 9.40 horas da estación de Ourense e os viaxeiros chegan a esta mesma estación ás 20.58 horas, logo de pasar a xornada nas denominacións de orixe protexidas da Ribeira Sacra e Valdeorras. Logo da partida, o tren diríxese cara a Santo Estevo de Ribas de Sil, onde os viaxeiros poden facer unha travesía en catamarán desde o embarcadoiro de Santo Estevo polo encoro do mesmo nome. Máis tarde, desde Santo Estevo viaxan en tren ata a estación da Rúa-Petín, na comarca de Valdeorras.

No Concello da Rúa, está prevista á visita a unha adega adscrita á Denominación de Orixe Protexida Valdeorras, onde se desenvolve unha cata dos viños máis senlleiros da zona e unha pequena degustación de produtos gastronómicos locais. Logo do xantar, os viaxeiros diríxense en autobús cara o Santuario das Ermidas, no Concello do Bolo, e no traxecto poden coñecer a parte occidental da comarca ourensá de Valdeorras.

Tras volver á estación da Rúa-Petín, onde collen o tren de regreso a Ourense, os viaxeiros fan un alto na ruta para visitar a Aula do Ferrocarril, situada na estación dos Peares. Desde aquí, xa no tramo final da ruta, achéganse ata Ourense, onde remata a xornada.

Pódese consultar o calendario dos trens turísticos de Galicia na páxina web de Turismo de Galicia así como na da compañía ferroviaria RENFE, onde tamén se poderá reservar o billete. O prezo dos billetes é de 40 euros para os adultos e 10 euros apra os menores de 14 anos, para as viaxes dun día. Existen descontos para fins de semana e traslados desde outras cidades.
Xunto aos tren turísticos de Galicia, o programa Galicia a todo tren inclúe outros produtos como o Train&Breakfast Camiño de Santiago que ofrece un modo diferente de facer a ruta combinando o traxecto por ferrocarril coas rutas a pé ou en bicicleta. Dada a elevada ocupación ampliouse o seu número de saídas. Outras opcións son o tren Al Andalus Camiño de Santiago, que ofrece unha oportunidade única de realizar a Ruta Xacobea a bordo dun tren de luxo e o Transcantábrico, o tren turístico máis veterano de España que ou ben dende San Sebastián, ou ben dende León, realiza un fabuloso percorrido ata a capital galega. Este programa complétase co Galicia Rail Pass, un bono especial para peregrinos e turistas que se achegan a nosa comunidade en trens de longo percorrido.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar