A Gala contra o Cancro, esta noite en Vilagarcía, retransmitida pola TVG

Roberto Vilar_TVG

Vilagarcía será este venres protagonista na TVG coa celebración da multitudinaria VII Gala contra o Cancro, que organiza a orquestra Panorama. O humorista Roberto Vilar actuará de mestre de cerimonias e dará paso á rítmica e pegadiza música latina de Dkuba, quen iniciará a quenda das actuacións de artistas destacados. Así, coa Panorama estarán, entre outros, Carlos Baute, Chinés e Nacho, Antonio Orozco, Inna, Azúcar Moreno, Kiko Rivera, David Civera, Merche, Xuso Jones, K-Narias e José Costas.

Este show especial, que forma parte da Space Tour 2014 da orquestra Panorama, co seu cantante Lito á cabeza, ten tamén como aliciente as novas actuacións da coñecida orquestra galega. A novidade este ano amais do gran espectáculo de luz e son, será a presenza no escenario do seu novo grupo de baile, que sorprenderá aos espectadores da Televisión de Galicia.

Esta nova edición da Gala contra o cancro está considerada xa como o maior programa musical do noroeste non só pola maxestosidade da súa montaxe, senón tamén pola calidade dos artistas convidados e a sempre animada marcha da orquestra Panorama.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar