O Carballiño recupera o record da tapa de pulpo máis grande do Mundo

Record tapa de pulpo Carballiño_preedición festa 2014

 

Enlace coa web da Festa do Pulpo, www.festadopulpodocarballino.es

O record da tapa de pulpo máis grande do mundo volveu a mans do Carballiño tras un período no que correspondeu a Ponferrada. Nesta ocasión encheuse un plato dun diámetro superior aos cinco metros, no que se espallaron máis de catrocentos quilos de popular cefalópodo como antesala do que será una n0va edición da Festa do Pulpo, que terá lugar o próximo domingo na vila ourensá.

Isaura González, presidenta da asociación de pulpeiros e pulpeiras da parroquia de Arcos, iniciaba o traballo as seis e media da tarde acompañada de outras vintetrés persoas despoios de horas de preparativos para que as caldeiras estiveran dispostas.

Arximiro Marnotes, alcalde do Carballiño, cunha representación das puilpeiras de Arcos.
Arximiro Marnotes, alcalde do Carballiño, cunha representación das puilpeiras de Arcos.

 

En algo máis de dez minutos, o plato xigante quedou completamente cuberto de pulpo con 80 litros de aceite, catro de sal e medio quilo de pimentón.

Veciños e turistas encheron a Praza Maior do Carballiño para un espectáculo inesquecible.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar