Comeza o Torneo Futures de Tenis “Cidade de Ourense”

Baltar_Torneo Futures de Tenis

 

Na sala de prensa do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” tivo lugar a presentación do VII Torneo Futures “Cidade de Ourense” de tenis, un evento no que colabora a Deputación de Ourense e que que se celebrará do 9 ao 16 de agosto. Reunirá no Club Santo Domingo de Tenis (Pereiro de Aguiar) ás mellores promesas tenísticas que aspiran a estar na elite mundial deste deporte. O acto de presentación contou coa presenza de Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes do Concello de Ourense; Javier de la Torre, director do torneo, e José Mosquera, vicepresidente da Federación Galega de Tenis.

Como en edicións anteriores a entrada será libre para ver os partidos, e todos os xogadores galegos que o desexen poden inscribirse no torneo a través da web da ITF. A fase previa será os días 9 e 10 de agosto e a final está prevista para o sábado 16 de agosto, ás 11.30 horas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que este torneo “é unha destacada cita deportiva pola que xa teñen pasado, nas súas idades máis novas, tenistas como Rafa Nadal, Andy Murray e Nicolás Almagro, e que reúne todas as características dun evento que merece ser apoiado”. Baltar lembrou a aposta decidida que está a realizar a institución provincial polo deporte, destacando as achegas que anualmente realiza o ente provincial tanto a deportistas como a clubes e entidades que traballan na provincia de Ourense a prol do deporte.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar