Beiras reclama como «cuestión de estado» a situación de 10.000 mariñeios sen pensión

image

O Grupo de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) reclama que a Xunta asuma como un «problema de Estado» a situación dos mariñeiros que traballaron en barcos baixo bandeira norueguesa antes de principios da década dos 90 e que non contan cunha pensión de xubilación por eses anos.

Nunha iniciativa parlamentaria, AGE pide, deste xeito, «asumir do dereito a pensión ou reintegración das contribucións realizadas correspondentes ás prestacións de servizos anteriores ao ano 1994, como unha cuestión de estado» e «fágase cargo da súa defensa, a todos efectos, ante os tribunais de Noruega.

A este respecto, a deputada de AGE, Consuelo Martínez, que compareceu acompañado do voceiro do grupo, Xosé Manuel Beiras, explicou que só por iniciar o proceso, e despois de facelos un «prezo especial», lle reclaman aos mariñeiros xubilados 300.000 euros. Nalgúns casos, xa son as viúvas ou os seus fillos os que están a reclamar estas pensións.

Os traballadores afectados, uns 12.000 no conxunto do Estado dos cales 10.000 son galegos, prestaron servizos en barcos con bandeira de Noruega e aos seus salarios practicóuselles a retención do 45 por cento de impostos, aínda que non cotizaron á Seguridade Social, toda vez que non lleso requiriron.

Non obstante, nas mesmas circunstancias, aos traballadores de Noruega, segundo explicaron os deputados, recoñéceselles o dereito a percibir esta prestación. En todo caso, no suposto de que non se lles quixera recoñecer unha xubilación, terían que devolverlles –seguindo esa lóxica–, e como apuntaron, as retencións fiscais practicadas, toda vez que tampouco se beneficiaron dese pagamento de impostos (nin en sanidade, nin en estradas, por exemplo).

TIVERON DIFERENTES APOIOS

En outubro de 2010, o Parlamento galego aprobou por unanimidade instar á Xunta a manter unha actitude «firme» ante o Goberno central co obxectivo de «esixir que acabase co drama de pescadores galegos que estiveron embarcados en buques noruegueses antes do 1 de xaneiro de 1994» e non recibían prestacións sociais.

O colectivo, organizado na Asociación Long Hope, recibiu o apoio do Comité de peticións do Parlamento Europeo, do Congreso dos Deputados e dos defensores do pobo galego, español e noruegués, ademais de partidos, sindicatos e administracións locais, pero o problema non se resolveu.

Ante a «pasividade» do Goberno galego, denuncia AGE, Long Hope decidiu demandar o seu caso ante o Tribunal de Europeo de Dereitos Humanos, pero para ir a esta vía primeiro hai que esgotar as diferentes instancias xudiciais de Noruega, que teñen un elevado custo económico e ao cal esta asociación non pode facer fronte.

Así as cousas, e ante a «situación dramática» que supón esta situación, en palabras de Beiras, é necesario que a Xunta asuma este conflito como unha «cuestión de Estado», toda vez que, como dixo Consuelo Martínez, este asunto non pode converterse, ao seu xuízo, nun conflito «traballador-Estado».

«É un problema entre estados», resaltou a deputada de AGE, quen considerou «alarmante a indefensión» a que se ven abocados estes mariñeiros. Para Beiras, este problema é «tremendamente grave» e encádrase na «perda de dereitos» que están a sufrir os cidadáns.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar